Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Actividade

Roteiro por "Pasaporte Lugrís"

Imagen
O pasado xoves 1 de xuño realizamos, baixo a dirección de Cristina de la Torre , e co apoio da Biblioteca, unha xornada dedicada á interculturalidade . Mobilizouse a todo o alumnado de ESO e Bacharelato e a unha boa parte do de Ciclos, a tamén a bastante profesorado. O instituto patas arriba durante as dúas horas en que os grupos (previamente organizados) ían pasando de media en media hora por catro das cinco estacións que estaban preparadas. Todo orientado a abrirnos cara culturas máis ou menos lonxanas, pero coas que convivimos día a día.  Este día acompañaranos o equipo da UAMI , a Unidade de Apoio ás Migracións do Concello da Coruña, que integraron algunha das súas dinámicas no programa do día. As paradas foron:  1. ADN LUGRISIÁN . «Mergúllate nas raíces que compartimos»:  Exposición de obxectos de diferentes culturas e actuación musical. 2. AL PAN, PAN. «Lava as mans antes de entrar»:  Aprendimos a orixe dalgúns alimentos e amasamos masa para ...

Xa temos gañadores do Torneo de xadrez!

Imagen
Hugo Costoya, á esquerda, e Roque Couceiro Tamén o pasado venres 17 de febreiro, esta vez no recreo, tiveron lugar as partidas finais do torneo. Cristian Enjamio, á esquerda, e Xabier Barreiros Cristian Enjamio e Xabier Barreiros xogaron polo 3º e 4º postos. Gañou Cristian Enjamio.  E Hugo Costoya e Roque Couceiro enfrontáronse para loitar polo 1º e 2º posto.  E GAÑOU HUGO COSTOYA HURTADO DE MENDOZA (1º ESO A)   Noraboa a todos os participantes e, especialmente, ao gañador.  O próximo martes 21 no recreo o profesor Alfonso Iglesias dará unha charla-clase sobre xadrez no recreo (na aula 210). E temos que ir preparándonos para o xoves 9 de marzo , día en que recibiremos a visita dos participantes no torneo de xadrez do IES Parga Pondal , de Carballo. Nese día contaremos coa presenza do mestre internacional de xadrez Jacobo Caselas , quen charlará con nós, xogará un montón arredor de 20 partidas simultáneas e tamén faremos a entrega de premios....

Lugrisiáns no Vilariño do poeta Díaz Castro

Imagen
O pasado xoves 7 de abril fomos cun variado grupo de rapaces e rapazas, desde 1º ESO ata 2º Bacharelato  tras as pegadas  do poeta Díaz Castro, da man dos magníficos guías do  IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz . Neste instituto, con quen tamén fixemos intercambio hai dous cursos, levan tempo traballando de xeito moi activo en torno ao poeta que dá nome ao seu centro e que foi o conmemorado no  día das letras galegas no 2014 . A vez anterior estivemos no centro o día da celebración do centenario do nacemento de  Xosé María Díaz Castro  (1914-1989).  Nesta ocasión o alumnado (e profes acompañantes) percorreu o lugar  natal do poeta, na aldea do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz). Divididos en catro grupos aprenderon xogando cos rapaces que fixeron de guías.  Foi unha xornada festiva e interesante. Unha lúdica e instrutiva inmersión rural: O luns 20 de xuño recibimos aos de Guitiriz en Coruña e presentar...

Sufraxistas, grazas pola loita

Imagen
A Biblioteca e o departamento de Filosofía decidimos celebrar este ano o día da muller traballadora lembrando ás sufraxistas de principios do século XX, especialmente ás inglesas. Co impulso dado pola película Sufragistas , recompilamos algúns documentos da época: postais defendendo a súa posición e crueis caricaturas que reflicten os prexuízos do momento (moitos dos cales seguimos percibindo menos explicitamente na actualidade).   Ademais, o alumnado de Valores éticos de 3º ESO elaborou unhas interesantes siluetas nas que presenta a algunhas  mulleres loitadoras, que todos deberiamos coñecer.  Para que non pasemos de longo pola exposición, temos uns cuestionarios para comprobar que somos capaces de observar e atopar os principais datos sobre estas figuras de muller e dar a nosa opinión sobre as postais e caricaturas.  No curso de Biblioteca da Aula Virtual, está o material da exposición en pdf e tamén o cuestionario.  Xa son moitas as p...

Recital no día de Rosalía

Imagen
No día de Rosalía , o 24 de febreiro, celebramos a súa figura cun recital de poesía e música no salón de actos.  A poesía de Rosalía amosa sufrimento, emoción e... tamén o difícil que foi a súa vida hai máis de un século.                                 I Daquelas que cantan ás pombas i ás frores todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ¡Ai!, ¿de qué a teréi? II Ben sei que non hai nada novo embaixo do ceo, que antes outros pensaron as cousas que hora eu penso. E ben, ¿para qué escribo? E ben, porque así semos, relox que repetimos eternamente o mesmo. Grazas aos profes Xulia e Pedro por esta iniciativa! E, sobre todo a quen recitáchedes e nos puxestes música! Tedes algunhas fotos máis no facebook da biblioteca , todas feitas pola profesora Francisca. 

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

Imagen
Poñemos en marcha o noso IV Concurso de microrrelatos de terror, e desta volta propoñemos unha mergulladura no imaxinario de monstros, cocóns,  monstros, cocóns, lobishomes, chuchasangues, quitamanteigas, homes ou mulleres do saco, trasnos, meigas e demais bichería do imaxinario tradicional galego. Poderá ser de moita axuda a visita á web de Galicia encantada BASES DO CONCURSO: Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras. Deberán ter como protagonista ou personaxe secundario algunha figura de mitos e lendas galegos. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía, e si a mellor sintaxe posible. O prazo de entrega exténdese desde o martes 20 de outubro ao xoves 5 de novembro . Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso ou poden enviarse...

Festa fin de PROA

Imagen
O alumnado de PROA rematou as clases ao grande, celebrando o moito traballado, o moito aprendido, e a sorte que tiveron con Ana Fernández Sampaíño como profe.  Son rapaces de 1º, 2º e 3º ESO. Hai que seguir currando!!!... despois dun breve descanso estival, por suposto.