Microrrelatos de terror... con algo de conto galego

Poñemos en marcha o noso IV Concurso de microrrelatos de terror, e desta volta propoñemos unha mergulladura no imaxinario de monstros, cocóns, monstros, cocóns, lobishomes, chuchasangues, quitamanteigas, homes ou mulleres do saco, trasnos, meigas e demais bichería do imaxinario tradicional galego.

Poderá ser de moita axuda a visita á web de Galicia encantada



BASES DO CONCURSO:

  1. Os microrrelatos deben ser inéditos (non copiados), escritos en galego, castelán, inglés ou francés, e encadrarse dentro do xénero do terror.
  2. Os textos han de ter unha extensión máxima de 125 palabras.
  3. Deberán ter como protagonista ou personaxe secundario algunha figura de mitos e lendas galegos.
  4. Debedes procurar que non teñan faltas de ortografía, e si a mellor sintaxe posible.
  5. O prazo de entrega exténdese desde o martes 20 de outubro ao xoves 5 de novembro.
  6. Os microrrelatos entréganse na biblioteca, co voso nome, apelidos e curso ou poden enviarse a lerunmardecontos@gmail.com
  7. O xurado estará conformado polo profesorado do grupo de biblioteca e dos departamentos de linguas do centro.
  8. Haberá dous premios: un para o mellor microrrelato de 1º a 3º ESO e FPB e outro para 4º ESO, Bacharelato e Ciclos.

A investigar! A imaxinar!   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad