Entre goles e brazadas
O club xa vai navegando... No grupo 1 empezamos co fútbol... limos algo desordenadamente algúns textos do libro 366 historias del fútbol mundial que deberías saber, de Alfredo Relaño, un libro co que en breves capítulos podes enteirarte dun montón de curiosidades como cando se empezaron a poñer os números nas camisetas dos xogadores ou a sacar tarxetas vermellas e amarelas, de que a película Evasión ou vitoria se inspirou nun partido real disputado entre prisioneiros de guerra ucranianos e nazis ou de que un xornalista gaditano foi o inventor das tandas de penaltis. Aínda continuaremos con algunha outra historia de fútbol e outros deportes.
E no grupo 2, o pasado mércores falouse sobre natación e outras profundidades. A maioría mesmo atreveuse a responder a pregunta "Por qué darías ti a vida?"... extraída da novela gráfica El gusto del cloro, de Bastien Vivés, que están xa a ler enteira, mentres gozan das belas ilustracións que acompañan a trama.
Boas lecturas!!!
Comentarios
Publicar un comentario