17 oct. 2015

Club de lectura en francés NOVIDADE!!!

A partir do próximo mércores 21 de outubro comezaremos cun novo grupo do Club de lectura. Esta vez en francés, e adaptado a todos os niveis. Dirixiralo -como non!- a nosa profe de francés, Pilar López Díaz. 
Tamén trataremos sobre os deportes,  e con novas perspectivos. A idea é ir lendo textos non demasiados extensos, pero "con miga". 

Achegádevos o próximo mércores, e veredes cantas pequenas sorpresas nos esperan.

E se queredes ir abrindo boca, podedes ler o divertido capítulo de Le petit Nicolas sobre football.

À mercredi! Nous vous attendons dans la bibliothèque...

         



No hay comentarios:

Publicar un comentario