Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Fin de curso

Fin de curso

Imagen
Co fin de curso chegou o momento de facer públicos os booktrailers de que tanto falamos, o resultado de varios meses de traballo.  No festival do último día (o venres 20 de xuño) resoaron fortes aplausos mentres discorrían os sucesivos vídeos ante os nosos ollos e logo o making off . Por suposto, tamén foron sonoros ante os poemas, a música, os bailes e os premios dese emotivo día. Todos os aplausos foron moi merecidos, polo que estabamos a ver e por este curso que remata e que xa forma parte da nosa experiencia vital. Agora toca descansar e desconectar... Desde a biblioteca, recoméndamovos calquera lectura apetecible para o verán... e en particular, sempre podedes ler os libros que vos suxiren estes booktrailers:  - La Fundación , de Buero Vallejo - Tres metros sobre el cielo , de Federico Moccia - Aire negro , de Agustín Fernández Paz - Matilda , de Roald Dahl - Le petit Nicolas , de René Goscinny E aquí o máis divertido: o  making off [Como vedes, todo ...

Comezo da "operación desconexión"

Imagen
Si,  cando menos por un pouco tempo, deixaremos de lado as rutinas cotiás e trataremos de cambiar os camiños do pensamento máis frecuentados... coa intención de volver ao novo curso con renovadas forzas e proxectos. (Quen teña que preparar os exames de setembro terán un tempo máis breve para desconectar, aínda que cunha boa planificación, haberá tempo para todo...). Botando a vista atrás, remata un curso que pasou voando e que superou as miñas expectativas máis positivas, grazas en gran medida á biblioteca e ao club de lectura que funcionaron para min como un lugar -non só físico- de acollida e estímulo para o meu traballo. Así que, ademais de estar moi agradecida tanto aos rapaces, como aos colegas profes e  á directiva pola excelente acollida de todas as propostas e a participación nelas, teño -ou temos- por diante o reto de non decepcionar e continuar construindo un espazo cómodo para ler, aprender, xogar, curiosear... Aproveito para poñer as fotos do noso último e...