Fin de curso

Co fin de curso chegou o momento de facer públicos os booktrailers de que tanto falamos, o resultado de varios meses de traballo. 
No festival do último día (o venres 20 de xuño) resoaron fortes aplausos mentres discorrían os sucesivos vídeos ante os nosos ollos e logo o making off. Por suposto, tamén foron sonoros ante os poemas, a música, os bailes e os premios dese emotivo día. Todos os aplausos foron moi merecidos, polo que estabamos a ver e por este curso que remata e que xa forma parte da nosa experiencia vital.

Agora toca descansar e desconectar...


Desde a biblioteca, recoméndamovos calquera lectura apetecible para o verán... e en particular, sempre podedes ler os libros que vos suxiren estes booktrailers: 


- La Fundación, de Buero Vallejo

- Tres metros sobre el cielo, de Federico Moccia
- Aire negro, de Agustín Fernández Paz
- Matilda, de Roald Dahl
- Le petit Nicolas, de René Goscinny

E aquí o máis divertido: o  making off

[Como vedes, todo está no canle de youtube deste blog, lerunmardecontos]

Boas vacacións!!!  A partir de setembro, máis e mellor...   



Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego