Redobre de tambores... cos booktrailers

O pasado martes 3 de xuño tivemos a última sesión de booktrailers na que puidemos ver o resultado do traballo de todos estes meses, da man de Cristina de la Torre.

Os logros de todos estes obradoiros son cinco magníficos avances de libros que poderán ser vistos polo "público xeral" o 20 de xuño, na festa de fin de curso, no centro cívico: 


- Tres metros sobre el cielo, de Federico Moccia, con Rocío Gómez e Milena Gomes (de 3º ESO) e máis Mónica Aguilar e Adriana Motataianu (de 1º Bac) como protagonistas. 






- Aire negro, de Agustín Fernández Paz, con Uxía Regueira e Paulo Marqués (1º ESO) como actores principais, deslumbrantes.





- Matilda, de Roald Dahl, coa interpretación estelar de Sara Romay, facéndonos voar e gozar co mundo dos libros nun ambiente festivo e primaveral.

- Le pétit Nicolas, de René Goscinny, no que participa bastante alumnado de francés de 1º Bac. Impresionante a súa soltura co idioma veciño!




- La fundación, de Antonio Buero Vallejo, na que vemos as dotes teatrais e cinematográficas do alumnado de 2º Bac. 

O bo facer de todos os e as participantes máis a maxia (e minucioso labor) de montaxe de Cristina de la Torre conseguiu que quedaramos moi satisfeitos. Acabaremos colgando os vídeos no canle de youtube do Mar de contos (que o tiñamos algo oxidado) para que os poidamos disfrutar... e se cadra para que nos espoleen a seguir producindo máis  prometedoras obras de arte.

Grazas a tod@s polo voso entusiasmo, polos vosos risos e por todo o aprendido. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego