O pasado mércores 3 de xuño tivo lugar o encontro final da II Liga de Debate no Lugrís. Nesta ocasión enfrontáronse os equipos de 4º ESO e 1º Bac. E o tema a debatir era a independencia de Galicia. Os equipos de 4º ESO e Ciclos por unha banda, e o de 1º Bac e 3º ESO, por outra , debatiran p reviamente (o 6 e 7 de maio) en torno a se as medidas contra a violencia de xénero eran ou non adecuadas. Nesa primeira fase ganaran 4º ESO e 1º Bac respectivamente. Nesta ocasión, a 1º Bac tocoulle defender a independencia de Galicia e a 4º ESO posicionarse en contra. Ambos equipos argumentaron moi ben, pero o ganador foi o de 1º Bac. O xurado resaltou o traballo de preparación do equipo ganad or. O profesor Xosé presenta ao equipo de 1º Bac: Noelia, María, Mónica, Gonzalo, Anxo e Jéssica Xosé presenta a 4º ESO: Lara, Alejandro, Yaiza, Bruno e Adrián Adrián falando Noelia explicándose María Peral en plena argumentación ...