Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Luis Boedo

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

Imagen
O pasado martes 11 de marzo, o alumnado de 1º Bac e dous profes visitamos o castro de Elviña .  Así cóntanos como foi a saída María González Suárez:  A visita ao Castro de Elviña achegounos un pouco máis ao pasado da nosa cidade, á nosa historia. O castro era un antigo poboado no que se cre que vivían os Celtas ou os Castrexos durante a Idade de Ferro e a época romana.  Os seus poboadores previamente exploraran o terreo para colocar o asentamento nun lugar protexido de ataques e elixiron ese por ser un lugar elevado e preto dun barranco, inaccesible para os inimigos. O pobo estaba protexido por tres murallas, unha máis débil que as outras, que rodeaba o punto máis alto, a croa, onde estaban as casas e demais construcións; as outras dúas eran máis fortes e ben feitas.  Tiñan edificios que usaban como lugares de encontro e tiñan inscritos na porta símbolos fálicos como sinal de protección.  tiñan fornos de ferro e fabricaban armas con este mat...