16 mar. 2014

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

O pasado martes 11 de marzo, o alumnado de 1º Bac e dous profes visitamos o castro de Elviña
Así cóntanos como foi a saída María González Suárez: 

A visita ao Castro de Elviña achegounos un pouco máis ao pasado da nosa cidade, á nosa historia.
O castro era un antigo poboado no que se cre que vivían os Celtas ou os Castrexos durante a Idade de Ferro e a época romana. 
Os seus poboadores previamente exploraran o terreo para colocar o asentamento nun lugar protexido de ataques e elixiron ese por ser un lugar elevado e preto dun barranco, inaccesible para os inimigos.
O pobo estaba protexido por tres murallas, unha máis débil que as outras, que rodeaba o punto máis alto, a croa, onde estaban as casas e demais construcións; as outras dúas eran máis fortes e ben feitas. 
Tiñan edificios que usaban como lugares de encontro e tiñan inscritos na porta símbolos fálicos como sinal de protección. 
tiñan fornos de ferro e fabricaban armas con este material, ademais cultivaban cereais. 
Actualmente, o castro é só unha mínima parte do que era inicialmente e atópase en ruínas, intentando reconstruír como era antes.

As fotos son de Luis Boedo:








No hay comentarios:

Publicar un comentario