Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Club de lectura

PRESENTACIÓN CLUB DE LECTURA 19-20

Imagen
O pasado 17 de outubro presentamos o Club de Lectura para este curso 19-20. Este ano temos catro Clubs xa que moitos alumnos se apuntaron á actividade: CL1: Club de Lectura en Galego e Castelán para alumnos/as de 1º e 2º de ESO. CL2: Club de Lectura en Galego e Castelán para 3º e 4º de ESO e Bacharelato. CL3: Reading Club para 1º e 2º de ESO. CL4: Reading Club para 3º e 4º de ESO e Bacharelato. As reunións terán lugar na biblioteca, nos recreos dos xoves para os Clubs en Galego e Castelán e nos recreos dos venres para os Clubs en Inglés. Temos os calendarios no taboleiro da entrada da biblioteca. Temos a sorte de contar coa colaboración de África, Francisca e Rachel, ademáis de outros profesores/as que participarán nas reunións. Aínda estades a tempo de tomar parte nesta aventura! Só tedes que pasar pola biblioteca e probar.

CARTA AL MUNDO por nuestro Club de lectura 2

Imagen
Este jueves terminamos la segunda sesión que el CL2 hemos dedicado a la gran poeta estadounidense Emily Dickinson. Esta vez nos hemos detenido en la segunda parte de su vida, en esa tan misteriosa en la que decidió vestir íntegramente de blanco, recluirse en su habitación y olvidarse del mundo. Un encierro voluntario en la habitación de su casa de Amherst (Masachussets) donde creó una de las obras más sólidas de la literatura universal. 

Por que a crueldade?

Imagen
Enlazando dalgunha maneira co Día da paz e non violencia  que estamos a conmemorar coa actividade das "Paxariñas pola paz",  na última sesión do Club de lectura (este pasado venres)  preguntámonos  pola crueldade, utilizando os materiais de filosofía visual para nenos de W onder Ponder . Xurdiron un montón de preguntas e reflexións como si estivésemos nun filocafé, pero sen café ;) Calquera pode ser vítima? Pode haber crueldade sen agresor? Pode haber crueldade con animais ou plantas? Cales son as motivacións das persoas que agreden? Que emocións senten as vítimas? E quen agrede? É a persoa agresora a única responsable? E se está actuando baixo as ordes doutras persoas?... E bastantes máis. O tempo, como sempre, non chegou a nada e quedou sen poñer un vídeo coa canción Natureza humana , de Michael Jackson , co que propoñíamos rematar. Aquí queda:  A sesión anterior dedicáramola a presentar a temática deste trimestre, PREGUNTAS PARA PENSAR, empezando p...

Na casa de Emilia Pardo Bazán

Imagen
O xoves 23 de marzo visitamos a Casa de Emilia Pardo Bazán e a Real Academia Galega con parte do alumnado do Club de lectura (outra parte foise a outras visitas, foi un día moi movido no instituto). Moitos datos sobre vida e obra da complexa figura de Emilia Pardo Bazán, así como da historia da academia da nosa lingua e os seus principais valedores e valedoras.  Á entrada, na rúa Tabernas A vestimenta da época Escoitamos, logo de ler o conto de "Las medias rojas" O recibidor O salón, cos retratros de Emilia e as súas dúas fillas O escritorio Unha pequena mostra da súa colección de abanos A igrexa de Santiago vista desde a casa Esperemos que a curiosidade quedara tocada e vos animedes a mergullarvos na polifacética lectura de Emilia Pardo Bazán. 

Día da biblioteca

Imagen
O luns 24 de outubro celébrase o día da biblioteca en lembranza da destrución da biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. O único que imos facer para celebralo é colgar o simpático pregón  elaborado por Ledicia Costas   para este día. É unha  autora a quen moitos coñecedes grazas á súa Escarlatina, a cociñeira defunta e moitos outros libros.  Aproveito para lembrarvos que xa están en marcha todos os grupos do Club de lectura, todos con moito éxito e tamén que xa temos conta do Club en instagram  . E que de inmediato propoñémosvos un concurso sobre Bob Dylan.  Feliz día da Biblioteca! PREGÓN DE LEDICIA COSTAS   POLO   DÍA DA BIBLIOTECA 0 24 DE OUTUBRO    Un vagalume é unha illa perdida na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas ...

URUEÑA (Villa del libro): un viaje didáctico y emotivo

Imagen
                       Como premio a un año de trabajo, el Club de Lectura se adentró a mediados de mayo en la Villa del Libro, un pueblo vallisoletano lleno de historia medieval y de entrañables museos y parajes. Todos disfrutamos de unos maravillosos días en los que el aprendizaje y el compañerismo brillaron enteramente. Así nos lo manifiestan ellos, con este recorrido sentimental y filosófico. Dejémonos llevar por las palabras de Gonzalo y de Nora y por  algunas imágenes que confirman la entrañable aventura. DIARIO DUN LUGRISIÁN EN URUEÑA  Somos persoas con 5 sentidos inconscientes da realidade. Ata que non a podemos sentir por riba deses sentidos, non sabemos nada. Nin sequera de nós mesmos. Por iso viaxamos. Precisamos ver, escoitar, ulir, tocar e saborear todo aquilo que descoñecemos. Precisamos ata afastarnos do lugar ao que pertencemos pa...

No CL1 seguimos as "Penúltimas tendencias"

Imagen
Si, no Club de lectura dos primeiros cursos da ESO, estamos a ler poesía de Carlos Negro . En concreto, estamos a simultanear Penúltimas tendencias e Makinaria . Como son breves, non hai que animar practicamente a ler. Penso que os libros xa deberon pasar por moitas mans do Club.  O próximo xoves imos comentar, logo de acabar de ler o epílogo que escribiu Rosa Aneiros para Makinaria . Por suposto, procuraremos escoitar Born to run , de Bruce Springsteen , que ten moito que ver con este libro. Tamén escoitaremos opinións sobre  a ditadura do fashion, cool, chic e sexy, a que están sometidas as rapazas... Aquí déixovos algunhas fotos dos nosos encontros en xaneiro:   E axiña poñémonos nós a escribir algo de poesía para o Concurso Expres-arte 3, perto do día do amor e a amizade...

TALLER DE POESÍA - CL2

Imagen
El jueves pasado comenzamos en el club de lectura (CL2) con el Taller de Poesía. Para esta ocasión elegimos al poeta y cantautor MARWAN , un madrileño de padre palestino y madre española. Primeramente escuchamos atentamente su video-poema "Consejos de supervivencia para jóvenes sensibles" y, a continuación, trabajamos con los versos de "Adolescente". A partir de las palabras claves del mismo, los alumnos crearon con muchísimo interés un nuevo poema.

Notre petit club

Imagen
O pasado mércores 18 reuniuse o club de lectura de francés, para seguir lendo as aventuras máis deportivas de Le petit Nicolas .  Coa profe Pilar, limos, comentamos.  Un recreo tranquilo e agradable... 

Conto contos: O tren saltamontes

Imagen
Toda unha experiencia. O de contar contos aos cativos e cativas sempre resulta moi enriquecedor. Os nosos pequenos veciños do CEIP Cornide portáronse de marabilla mentres escoitaban o conto narrado e representado por un grupo do noso Club de lectura. Fixérono case como profesionais e pasamos un anaco estupendo mentres coñeciamos o Cole, preparabamonos no camerino e logo actuando ante os rapaces.  O conto que narraron foi, como dixemos, o de El tren saltamontes , de Alfredo Gómez Cerdá . No cole traballan por proxectos e este trimestre dedícano aos transportes terrestres, polo que encaixamos perfectamente nos seus plans. Tratáronnos tan ben que quedamos con moitas ganas de volver...