Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Concepción Arenal

Festiva inauguración de aulas en feminino

Imagen
Mercedes Queixas , a nosa grata sorpresa Onte venres -e se conmemorar nada ;)-  fixemos unha festiva e masiva inauguración de aulas en feminino, na que tivemos unha gratísima sorpresa final incluida. Foi unha mañá cargada de breves emocións na que non se pararon de escoitar aplausos por todos os rincóns do centro.  Inauguramos todo isto:

Persoas gañadoras do Concurso do día das mulleres

Imagen
No Concurso de letras-pistas do Día das mulleres resultaron gañadores:    Gabriel Alonso Rodríguez, 2º ARI   Rocío Gómez Llanos, 2º Bach  Daniel Irigoyen Mallo, 1º ARI   Pedro Reimúndez Martínez, 4º ESO  José Manuel Sanlés Vázquez, de 1º ARI Todos eles concursaron no nivel 2.  NORABOA!!! O nivel 1 quedou deserto.  Entre estes rapaces sortearemos o premio o próximo xoves 22 no recreo, na Biblioteca .  Moitas grazas pola vosa participación!!! Por certo, as solucións son as seguintes: 

Preguntas para pensar: a vida boa e as mulleres

Imagen
As anteriores sesións do Club de lectura (22 e 23 de febreiro) dedicámolas a pensar en torno a " En que consiste a vida boa? " e centrámonos especialmente nas figuras de Epicuro e de Marco Aurelio . A partir de citas de ambos, comentamos e fixémonos preguntas. A cada paso, agroman con máis fluidez.  Fixemos referencia aos libros de Maite Larrauri , " La amistad, según Epicuro ", El ejercicio, según Marco Aurelio ", ambos da colección de "Filosofía para profanos", moi amena e interesante.  A última sesión deste trimestre dedicámola a unha pensadora, neste caso Concepción Arenal , debido á cercanía co Día das mulleres . Recollimos citas de " La mujer del porvenir " e outras obras. En breve, diremos os resultados do Concurso de pistas-letras do Día das mulleres.