Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como pintoras

Women in art, with Benny

Imagen
O mércores 22 de marzo tivemos de novo a oportunidade dunha English session co lector Benny. Falounos de varias pintoras contemporáneas, encandrado así o seu discurso na temática deste ano no Club de lectura.  Guerrilla Girls Sorprendeunos contándonos de pintoras feministas, reivindicadoras de diferentes e transgresores modos do papel das mulleres na arte. En concreto, detívose nas Guerrilla Girls , Barbara Kruger e Judy  Chicago . Tedes a súa presentación no curso de biblioteca da Aula virtual.  Resultou moi interesante todo o que dixo, así como tamén as intervencións das e dos participantes.  De novo, quedáronnos ganas de máis...  

Calendario do club de lectura

Imagen
Para que non se nos escape ningunha reunión, estaría ben anotar na axenda os días de reunión dos clubes de lectura. A temática do segundo e terceiro trimestre dos grupos 1 e 2  será " Territorio das artes ", seguindo as suxestións das Bibliotecas escolares de Galicia e centrarémonos en pintoras e fotógrafas contemporáneas: Frida Kahlo , Tamara de Lempicka , Cristina García Rodero , Lita Cabellut , Maruxa Mallo .  No grupo de temática xitana (CLX) están lendo coa profesora Xulia Regueiro Cuentos populares de los gitanos españoles (ed. de Javier Asensio) e Cuentos populares gitanos (ed. de Diane Tong). As persoas participantes de todos os grupos visitaremos a Casa de Emilia Pardo Bazán o xoves 23 de marzo. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------- -----...