Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Manuel Rivas

Día do pobo xitano

Imagen
O pasado 8 de abril celebrouse o día do pobo xitano . O Día Internacional do Poblo Xitano  conmemórase o 8 de abril. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.  A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, que simboliza o camiño desde a India e a liberdade. No instituto recollimos e expuxemos algúns dos carteis da Fundación Secretariado Xitano facendo referencia a campañas divulgativas que intentan rachar con estereotipos contra este pobo que a miúdo proliferan.  Tamén colgamos o Manifesto do Pobo Xitano , redactado por Manuel Rivas o ano pasado. A campaña deste ano concéntrase no vídeo:  La pregunta de Samuel. Hay preguntas que hacen historia Outros vídeos moi recomendables son:  -   #Telebasura no es realidad - # Yo no soy trapacero - # Prejuicios absurdos Este ano, para a celebrac...