Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rosalía de Castro

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA

Imagen
No acto de inauguración  Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala.  A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de  AULAS EN FEMININO , que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome. 

Nas Letras Galegas, "tomemos a palabra"

Imagen
Como sabedes, cada ano no 17 de maio conmemoramos  o centenario da primeira edición en 1863 da obra  Cantares Gallegos , de  Rosalía de Castro , primeira homenaxeada nas Letras Galegas 1963. A edición deste ano 2013 está dedicada ao dramaturgo  Roberto Vidal Bolaño  (Santiago de Compostela, 1950- 2002), autor, director e actor de teatro. Sen dúbida algunha, unha figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego e o dramaturgo máis prolixo da historia da lingua galega. Vidal Bolaño quixo profesionalizar o traballo de contar historias sobre un escenario.  Na súa andaina pódense distinguir dúas etapas: unha primera, a do Teatro Antroido (1978-1985), na que diríxese ao público infantil e adulto e inspírase en manifestacións parateatrais festivas galegas de carácter popular, especialmente o Entroido; e unha segunda etapa, a do Teatro de Aquí (1991-2002), xa para un público adulto e culto, intentando integrar no ...

Martes de cine con Mortadelo e Filemón

Imagen
Lémbrovos que este martes, 26 de febreiro, quedamos a xantar na biblioteca mentres visionamos "La gran aventura de Mortadelo y Filemón".  Coa desculpa de que no club de lectura (2) estamos a centrarnos nas bandas deseñadas, a película deste martes rende homenaxe a un dos autores máis importantes do cómic (ou tebeo, como diciamos antes) español, a Francisco Ibáñez . Trátase dun autor gráfico que malia levar moitos anos traballando segue creando historietas de actualidade e creando personaxes que nos quedan moi perto, como Rojoy e Rubacalva . Francisco Ibáñez , ademais de ser o creador de Mortadelo e Filemón, tamén o é de tiras cómicas como 13 Rue del percebe , Rompetechos, el botones Sacarino, Pepe Gotera y Otilio , etc. Espero que todas e todos gocémolo moito! Ah! Nun ámbito ben diferente, pero non menos importante, que non se nos esqueza que, hoxe 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, coincidindo co 175 aniversario da seu nacemento (o...