Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como manga

Mangas novos na biblioteca... e moitas outras novidades

Imagen
Este ano estamos tendo unha sección de novidades bastante movida, polo que vos animo a que vaides fixándovos nela. Ademais de novidades  como    O último día de Terranova , de Manuel Rivas,  Fontán , de Marcos Calveiro, Cuentos crudos , de Alfredo Gómez , a novela gráfica La casa , de Paco Roca, poesía de Carlos Negro, un montón de títulos en inglés e tamén en francés e de libros de electrónica e mantemento..., temos tamén bastantes mangas novos.  Entre os mangas temos as moi demandadas series Death Note e   Another , así como varios números de Pandora Hearts e Blue exorcist .  Nisto dos mangas temos un pouco de asesoramento de Paula Grangel (recoméndovos o seu canle de youtube: Sra. Lemon ) e hai peticións dun club de lectura de mangas... De momento, intentaremos un coloquio sobre o tema.  Animádevos a ler algo do novo material!!! Seguro que atopades algo á vosa medida...

E ti que les? (2)

Imagen
Seguimos coas nosas recomendacións, esta vez desde 4º ESO: - Cincuenta sombras de Grey , de E.L. James. "Es un libro muy interesante, porque es de un chico rico que no busca novias, busca sumisas, porque es un obseso del control. Conoce a Anastasia Steele y se enomora de ella. Viven muchos problemas porque ella no quiere ser su sumisa y él la quiere con locura. Se acaban casando y teniendo hijos." (AINHOA CARRO, 4º ESO). - Irmán do vento , de M. Lourenzo González. "Nós recomendamos Irmán do vento, porque conta a historia dun neno que loita por volver a encontrarse co seu pai. Este libro é moi emotivo porque les como loita por encontralo." (IVÁN VILLAMAR, MIGUEL GARCÍA, GRABRIEL CASTRO, 4º ESO).  - Oscuros , de Lauren Kate. "Recomendaríao porque mestura fantasía con realidade. Trata sobre uns rapaces que están nun reformatorio e acábanse namorando, pero a rapaza ve unhas sombras que ninguén máis ve e cando está con el, esas sombras son máis......