Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rupi Kaur

Pensando no amor e no desamor con RUPI KAUR

Imagen
As pasadas semanas dedicamos as sesións do Club de lectura á poesía da indo-candense  Rupi Kaur .  Limos a entrevista " Escribo para que las mujeres encuentren palabras que expliquen su sufrimiento ", deténdonos un pouco na súa biografía e logo comentando a famosa foto viral na que se a ve cunha pequena mancha da regra e tamén a súa visión da escritura como terapia para situacións de sufrimento.  Recitamos varias poesías súas do seu libro" Otras maneras de usar la boca " (en inglés, Milk and Honey ). E como as sesións coincidiron cerca do Día Internacional contra a Violencia machista puxemos un taboleiro na entrada do instituto con poesías de Rupi Kaur que consideramos inspiradoras para cavilar sobre este tema.    

Comezamos con "POESÍA PARA PENSAR"

Imagen
Iniciamos este curso o noso club de lectura con catro grupos (a ver se acabamos con máis...) e cun tema máis ou menos común para o primeiro trimestre, "Poesía para pensar". En todo caso, durante todo o curso, dunha ou outra maneira, rondaremos o tema de "Biblioteca, lugar para pensar" que nos propoñen desde as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Poñemos a continuación o calendario das primeiras reunións dos diferentes grupos do club de lectura e xa iremos contando... Só adiantamos que nos CL1 e CL2 haberá algo de... Gloria Fuertes , Carlos Negro , Xohana Torres , Miguel Hernández e Rupi Kaur  (sen atosigar, jeje). Para a xente do CL3, de cultura xitana deixamos un artigo sobre a orixe dos xitanos na India. E para o CL4, de 2º FPB Electricidade, só quedan Ideas de Bombeiro ... Grupo 4: En horario de clase, lerá Ideas de bombeiro , de Andreu Martín . Boas lecturas!