21 jun. 2019

Vídeo de Asturias

Como peche de curso compartimos o vídeo completo da viaxe cultural a Asturias, elaborado por Antonio García Jáñez a partir das súas fotos e vídeos e as de moitos participantes (entre eles,as do outro constante fotógrafo: Roberto Varela). Xa contaramos e puxeramos imaxes desta viaxePero parece que non a podemos dar por concluida ata ter o vídeo que recolle todos os magníficos momentos vividos. 

Velaquí está:




Así, pois, logo do emotivo festival de hoxe no Centro cívico, só queda recoller as notas o próximo mércores e gozar do verán que temos por diante!

18 jun. 2019

Suxestións para un verán lector

Para este verán que xa vai asomando a cabeza, xunto co tempo para o ocio e a desconexión, desde Biblio Lugrís suxerímosvos algunhas lecturas e películas:


Podedes velas neste enlace de genially




17 jun. 2019

Premios Cartas a Antonio Fraguas

Xa temos os nomes das persoas premiadas no Concurso de "Cartas a Antonio Fraguas". 

Son as seguintes: 

1º nivel (1º - 2º - 3º ESO, FPB)

- 1º premio: Mateo Naveira Guimarey (2º ESO B)
- 2º premio: Noa Álvarez Rodríguez (2º ESO A)


2º nivel ( 4º ESO- Bacharelatos, Ciclos)

- 1º premio: Santiago Millet García  (1º Bach)
- 2º premio: Miguel Pérez Redondo (1º Bach)

Noraboa!!!

Entregaremos premios e diplomas o venres 21 de xuño, na festa de fin de curso.


E a continuación deixámosvos as cartas premiadas

10 jun. 2019

Enquisa para a avaliación da biblioteca (2018-19)



Como en cursos anteriores, gustaríanos coñecer a túa opinión sobre o funcionamento de Biblio Lugrís para seguir mellorando. Pedímosche que nos axudes a facer a valoración do grao de satisfacción no uso da biblioteca así como que realices as suxestións que queiras.  Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos désedes a vosa opinión. Queremos recabar opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais. 

Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado.



Pincha aquí para responder

Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!


15 may. 2019

Película Los Bando

Deixamos aquí o resumo da película Los Bando, realizada por Carolina Roel (2º ESO). É unha das películas que o alumnado viu  no Festival de cine xuvenil europeo.


Esta película foi creada en Noruega o 16 de febreiro de 2018.

Os protagonistas principais da película son Aksel e Grim dous rapaces que logran entrar ao concurso de bandas de rock de todo o país, Grim e Aksel colocaron carteles por toda a cidade, demandando que necesitaban un bajo para a súa banda.

13 may. 2019

No Correlingua 2019: "O galego é a fórmula"


Este pasado venres, día 3 de maio*, participamos no Correlingua 2019 que se organizou na nosa cidade.


O Correlingua é un acto festivo é reivindicativo do uso e normalización do galego en todos os ámbitos. Esta é a 19 edición é levou por título “ O Galego é a Fórmula”. Quíxose destacar nesta edición a necesidade da revitalización e papel prioritario que hai que darlle ao Galego no eido científico e tecnolóxico.



10 may. 2019

Festival de cine xuvenil europeo: fomos xurado

Cóntanos o profesor Roberto Varela Urrutia, o coordinador do Club de cinema:


Este pasado domingo, día 5 de maio, participamos por primeira vez na Coruña na Young Audience Award. Este certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello de A Coruña, consiste na elección da mellor película europea para o público xuvenil. Participaron neste evento 4000 mozos e mozas, entre 12 e 14 anos, de 45 cidades de 35 países. En España desenvolveuse nas cidades de A Coruña, Sevilla, Madrid e Barcelona. O evento tivo lugar nos cines dos Cantóns onde se proxectaron as tres mellores películas xuvenís do 2019.

9 may. 2019

Concurso de cartas a... ANTONIO FRAGUAS



Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu V Concurso de CARTAS A... ANTONIO FRAGUAS co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor.

Aquí tedes as BASES:

3 may. 2019

Viaxe cultural a ASTURIAS

Vimos de realizar, do 28 ao 30 de abril, a nosa xa case tradicional viaxe cultural do Club de lectura. Desta volta, a Asturias

Como estaba programado, vintecinco persoas dos tres grupos do Club de lectura, desde 1º ESO ata 1º Bacharelato, e tres profes, poidemos gozar da grata experiencia de tres intensos días por terras asturianas -Cudillero, Avilés, Oviedo, Senda do Oso e Xixón- e norte galego (Ribadeo, Illa Pancha e praia das Catedrais). 
Foron días intensos, cheos de emocións e vivencias únicas, cun comportamento e respecto exemplares, moitas risas e aprendizaxes teóricas e, sobre todo, vitais. Deixamos a continuación algunhas fotos, aínda que a parte gráfica elaborada e detallada, chegará co vídeo que se está a realizar. 

25 abr. 2019

Final do torneo de xadrez intercentros, en Carballo

o trofeo
Os nosos rapaces trouxeron o trofeo!!! Unha vez máis foron os gañadores. En concreto, Hugo Costoya. Parabéns!!!

Pero o máis importante é o ben que o pasaron, o bo ambiente e o moito que compartiron e aprenderon. 

Moitas grazas á organización do IES Parga Pondal (sabiamos de antemán que nos ían recibir cos brazos abertos), aos rapaces e profesorado acompañante (Bea Requejo, Quico Mato e Alfonso Iglesias)!!!

23 abr. 2019

DÍA DEL LIBRO: Homenaje a William Shakespeare


Hoy hemos celebrado en la biblioteca de nuestro centro el DíA DEL LIBRO, un evento que venimos haciendo ya hace varios años para recordar la obra de tres escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare y el inca Garcilaso de la Vega que, curiosamente, murieron el mismo día, un 23 de abril de 1616.


12 abr. 2019

Pioneiras do deporte en Galicia

Co proxecto de Aulas en feminino como fondo, o pasado martes 9 de abril puidemos gozar dunha 'enganchante' presentación da investigación realizada por Cristina López Villar en torno ás mulleres deportistas galegas, que ten recollida no seu libro Pioneiras do deporte en Galicia (témolo na biblioteca!). 

Laura Rivas (1º Bach) cóntanos o que máis lle chamou a atención do contido da charla: 

11 abr. 2019

ENCUENTRO LITERARIO con NANDO LÓPEZ




El pasado martes nos visitó Nando López, novelista, dramaturgo y profesor, aunque él prefiere llamarse comunicador y agitador de conciencias. Sus novelas y obras de teatro han llegado y siguen llegando con fuerza a la mente de los adolescentes porque él cree firmemente en esa edad delicada de búsqueda personal. Sabe captar a la perfección el alma de los jóvenes con sus preocupaciones, miedos, injusticias, alegrías, amores... Escribe sobre la adolescencia, según sus palabras, con la esperanza de llegar al lector adulto.

4 abr. 2019

Calendario previsto para o 3º trimestre

Como estamos xa na 3ª avaliación (por máis que se nos faga algo estraño isto de comezar antes das vacacións de Semana Santa), propoñémosvos o seguinte calendario de actividades e reunións: 





Imos véndonos!


1 abr. 2019

31 mar. 2019

Festiva inauguración de aulas en feminino

Mercedes Queixas, a nosa grata sorpresa
Onte venres -e se conmemorar nada ;)-  fixemos unha festiva e masiva inauguración de aulas en feminino, na que tivemos unha gratísima sorpresa final incluida. Foi unha mañá cargada de breves emocións na que non se pararon de escoitar aplausos por todos os rincóns do centro. 





Inauguramos todo isto:



21 mar. 2019

Celebramos o día da videopoesía!!!


Miguel Pérez, recibindo o premio da Vicedirectora Carmen Delgado
Para celebrar a chegada da primavera e o Día Mundial da Poesía, que hoxe celebra a súa 20 edición, fixemos entrega de premios do noso Concurso de Videopoemas sobre a natureza. 

2 mar. 2019

Édison, campión do Torneo de xadrez

Onte venres tivo lugar a gran final de xadrez. Édison Dávila quedou como ganador, Ariel Canario quedou de segundo. 
Na partida para o terceiro e cuarto posto, Hugo Costoya quedou de terceiro e Xabier Barreiros en cuarto lugar. 

En maio terá lugar o Torneo intercentros, desta volta en Carballo, cando nos enfrontaremos ao IES Parga Pondal. 

1 mar. 2019

As vacinas e os nenos da varíola






O pasado xoves tivemos as últimas sesións do CL1 e CL2 deste trimestre.








No CL1 tivemos a visita do profesor de Bioloxía  Xabier Caruncho que nos estivo a falar das  vacinas, dos contaxios, da varíola.

28 feb. 2019

Lanzamos un CONCURSO DE VIDEOPOESÍA

Para celebrar a inminente chegada da primavera, xunto co Día da Poesía propoñémosvos un concurso de VIDEOPOESÍA coas seguintes bases. 


BASES:

- O vídeopoema deberá indicar o título do poema e o nome do autor ou autora no que se inspirou.

- O tema dos poemas utilizados ten que ter algunha coa NATUREZA EN SENTIDO AMPLO.

- Pode presentarse en galego, castelán, inglés ou francés.

- A súa extensión será como máximo de 3 minutos.

- O tratamento estético e visual será libre.

- O formato será preferentemente en MP4 ou compatible con este.

- O vídeopoema ha de enviarse ao correo electrónico
lerunmardecontos@blogspot.com indicando no asunto CONCURSO VIDEOPOESÍA. E no corpo da mensaxe debe ir o nome e curso.

- Pode ser individual ou por parellas.

- Data de entrega límite: 19 de marzo (sen aprazamento posible).

- O xoves 21 de marzo no recreo proxectaremos na Biblioteca os tres vídeopoemas finalistas e o público (60%) xunto cun xurado de profesorado (40%) decidirá o primeiro premio.

- O primeiro premio consistirá nun vale por 30 €. E o segundo e terceiro terán vales de 15 €.

25 feb. 2019

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA



No acto de inauguración 


Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala. 

A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de AULAS EN FEMININO, que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome. 

20 feb. 2019

A próxima semana coñeceremos aos campións de xadrez!!!







Acabada a séptima ronda do torneo suízo de xadrez o pasado martes, xa temos os resultados e polo tanto xa sabemos quen son as catro persoas que xoguen a semifinal o próximo martes 26 no recreo. 




Noraboa!!!

4 feb. 2019

Sesión dobre con Antía Yáñez


Hoxe estivo entre nós a escritora Antía Yáñez falando de dous dos seus libros, O misterio de Portomarín e Senlleiras. De como foi o encontro relátannos dous participantes. 

Alba Vázquez Botana (1º Bach) fai de magnífica cronista da primeira charla, cos maiores: 

31 ene. 2019

CARTA AL MUNDO por nuestro Club de lectura 2

Este jueves terminamos la segunda sesión que el CL2 hemos dedicado a la gran poeta estadounidense Emily Dickinson. Esta vez nos hemos detenido en la segunda parte de su vida, en esa tan misteriosa en la que decidió vestir íntegramente de blanco, recluirse en su habitación y olvidarse del mundo. Un encierro voluntario en la habitación de su casa de Amherst (Masachussets) donde creó una de las obras más sólidas de la literatura universal. 



ENCUENTRO LITERARIO con MÓNICA RODRÍGUEZ

El pasado viernes 25 de enero tuvimos la suerte de contar con la escritora Mónica Rodríguez, especializada en literatura juvenil. Nos hizo ver que las ciencias no están reñidas con las letras sino que se complementan,  ¡y mucho! Ella es licenciada en Ciencias Físicas y desde hace 9 años se dedica por completo a la literatura. Empezó a publicar hace 15 años y decidió que escribir le hacía más feliz que trabajar en el CIEMAT.

De visita na Biblioteca González Garcés

Esta mañá fumos co grupo de 1º ESO B a visitar a Biblioteca González Garcés. Foi unha visita tranquila na que puidemos percorrer os grandes espazos desta biblioteca, incluidos os suxestivos depósitos na planta sótano. 

As fotos serven para ilustrar a visita: 

29 ene. 2019

En marcha o torneo de xadrez (1ª ronda)


O pasado martes tivo lugar a primeira ronda do torneo, na que estiveron case todos os participantes, rodeados da gran animación que xa vén sendo habitual durante os torneos. 

O venres continúase coa segunda ronda. 

Podedes animarvos a pasar por alí, aínda que non participedes! 

26 ene. 2019

Con "feminismo para principiantes" no CL3

Xa comezamos neste segundo trimestre coas lecturas de igualdade. Estamos a informarnos desde as bases, seguindo Feminismo para principiantes, de Nuria Varela e ilustrado por Antonia Santolaya.  
Como en todas as reunións previas, as intervencións e debates foron moi fluidos e vivos. 

23 ene. 2019

EMILY DICKINSON, una poeta ingeniosa, emotiva y extrañamente mágica

Reanudamos las sesiones del CL2 en este segundo trimestre con la poesía de una escritora americana del siglo XIX, Emily Dickinson. Una creadora llena de enigmas vitales: escribió alejada del mundo, adoptó la extraña costumbre de vestir de blanco, no quiso editar su poesía, se relacionó con sus amistades a través de cartas. Decía continuamente: "El alma elige su propia compañía y luego cierra la puerta".



14 ene. 2019

Comeza o torneo de xadrez!!!

Un curso máis desenvolveremos o Torneo de xadrez intercentros. Podedes inscribirvos ata o día 23 na Biblioteca.  

Comezaremos o venres 25 cunha reunión na Biblioteca, no recreo, na que daremos instrucións e repartiremos as normas, ademais de "poñernos caras". 

8 ene. 2019

Calendario de reunións do trimestre

Empezamos o novo ano con novas enerxías e con novos plans. 

Presentámosvos a continuación o calendario de reunións para os diferentes grupos do Club de lectura: 
-----------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------

                      
                                           -------------------------------------------------------










Nas reunións xa iremos concretando máis. Vémonos!




                                   
                                          --------------------------------