Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Enquisa

Enquisa para a avaliación da biblioteca (2018-19)

Imagen
Como en cursos anteriores, gustaríanos coñecer a túa opinión sobre o funcionamento de Biblio Lugrís para seguir mellorando.  Pedímosche que nos axudes a facer a valoración do grao de satisfacción no uso da biblioteca así como que realices as suxestións que queiras.   Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos désedes a vosa opinión. Queremos recabar opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais.  Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado. Pincha  aquí  para responder Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!

Resultados da enquisa a persoas usuarias da biblioteca

Imagen
Aínda que un pouco tarde, queremos recoller aquí resumidamente a análise dos resultados da enquisa sobre o grao de satisfacción nos usos da biblioteca do curso pasado.  Recibimos 65 respostas, case igual de homes que de mulleres, a maioría estudantes da ESO e Bach, pero en todo caso de todos os elementos da comunidade educativa. A maioría usuarios, bastante frecuentes. 

Enquisa para avaliación biblioteca

Imagen
Como en anos anteriores, gustaríanos coñecer a túa opinión para seguir mellorando. De novo queremos que nos axudes a facer a valoración do grao de satisfacción no uso da biblioteca así como as suxestións que poidas facernos.  Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos désedes a vosa opinión. Gustaríanos recabar opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais.  Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado. Pincha aquí para responder Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!

Queremos coñecer a túa opinión sobre a biblioteca

Imagen
Vaise achegando o fin de curso e de novo queremos coñecer a túa opinión sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca así como as suxestións que poidas facernos.  Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión. Gustaríanos recabar a opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo e en primeiro lugar, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais.  Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado. Pinchando na mascota da biblioteca podes opinar!  Ou tamén aquí . Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!

Pasaporte en marcha!

Imagen
O proxecto Pasaporte Lugrís xa está en marcha e con moito sabor. Un equipo de arredor de máis de trinta persoas estamos traballando desde a biblioteca do centro en crear un relato multicultural sobre a diversidade que hai no instituto. Que diversidade? Pois a que arroxan os datos. Lembrades a enquisa que vos pedimos cubrir? Cubrírona máis de duascentas persoas e estes son algúns dos resultados: Nesa enquisa case o 80% do alumnado aseguraba que se relaciona con xente doutra nacionalidade no instituto, máis do 50% teñen amigos dunha cultura diferente no barrio, e un 33% ten contacto con xente doutros países en Internet.  Outros datos que nos chamaron a atención foron que o 30% do alumnado fala un idioma diferente ao español e o castelán, ou un porcentaxe similiar cambia de idioma segundo se dirixa ao profesorado ou aos amigos. Neste cadro podedes ver parte da información que recollimos e que estamos a empregar para o noso proxecto. GASTRONOMÍA, A GRAN PROTAGO...

Toca avaliarnos... nova enquisa

Imagen
Xa desde hai un tempiño temos no curso de Biblioteca da Aula Virtual do centro unha enquisa sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca. Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión.  Tedes que entrar -mellor coa vosa clave- e responder a unhas poucas preguntas. Leva arredor de 5 minutos e para nós é unha gran axuda de cara á orientación da priorización das futuras liñas de accións.  Grazas!!!

Resultados da enquisa da biblioteca

Imagen
Froito dun arduo e longo traballo, realizado por Luis Siso, temos os resultado da longa enquisa realizada a fins do curso pasado en torno á Biblioteca.  A primeira que fixemos. Resumindo moito, cóntanos Siso o seguinte:   A enquisa da biblioteca foi realizada polos grupos de 1º de ciclos e os grupos de ESO e Bacharelato. Consta de dous bloques, un con preguntas referentes a asistencia a mesma, e outro con preguntas relativas o seu uso en canto a satisfacción de varios aspectos. [Está o modelo na aula virtual da biblioteca , que é aberta para todo o mundo]. No apartado de Ciclos a tónica xeral foi que a unha das preguntas relativas a asistencia, a resposta xeral era de menos de unha vez ao mes; gran parte do alumnado incluso contestou que nunca, co cal a segunda parte da enquisa non tiña realmente validez, porque dunha cousa que non se usa dificilmente temos criterio para opinar; de todos os xeitos constestaron. No relativo a os grupos da ESO e Bacharelato...