Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Francisco Castro

Con Francisco Castro

Imagen
Finalmente, este pasado mércores 12 estivo con nós Francisco Castro charlando con nós de forma emotiva e intensa.  Fran desvelounos un pouco do oficio de escribir (de como constrúe historias, personaxes...), dos inefables mecanismos da imaxinación; amosounos a súa paixón pola escritura, e en xeral a súa paixón e optimismo como actitude vital. Tivo que responder a un montón de preguntas e, se non fose porque o tempo non deu para máis, alí teriamos continuado un bo anaco máis.  Na biblioteca hai varios libros seus, ademais de  Chamádeme Simbad ...  así que podedes animarvos a coñecelo un pouco máis!! Aquí quedan unhas poucas das fotos que nos sacou Carmen Delgado. E o xoves, ao día seguinte,  seguimos coas reunións do CL2:  con El pozo y el péndulo , de E. A. Poe, do que limos con Francisca varios anacos, e co que continuaremos no último xoves de mes... A próxima semana toca de novo Jules Verne.

De aventura, con Francisco Castro

Imagen
O próximo mércores, 12 de novembro recibiremos a visita do escritor e editor Francisco Castro (Vigo, 1966-). Vai estar con nós para falarnos sobre todo de Chamádeme Simbad , un libro que moitos de vós estades a ler.  Con el, espero que nos mergullemos en mundos diversos: desde os puramente aventureiros, como Simbad ou Verne, ata problemáticas como o alzhéimer , a vellez e as relacións interxeracionais, pasando por... En fin, xa o contaremos.  Francisco Castro ten tras de si unha gran produción literaria, dirixida algunha a público xuvenil, outra a infantil e tamén a adultos. Unha gran variedade froito dun laborioso saber facer que se gana a pulso libro a libro e traballo a traballo. Algúns títulos para lembrar son: O corazón da Branca de neve, Un bosque cheo de faias, O ceo dos afogados, Spam, As palabras da néboa, In vino veritas, O segredo de Marco Polo  etc. Por outra banda, as nosas lecturas nos Clubes avanzan. No CL2 (entendémonos, non si?) van a pasar a ...

Con Marco Polo, en tarde de martes

Imagen
Estreamos un novo uso da nosa biblioteca: xantar con bocatas mentres visionamos unha peli. Era un filme antigo -de 1938- en branco e negro sobre As aventuras de Marco Polo . Comentamos os decorados da época, os actores ( Gary Cooper , de actor principal), etc. Aprendimos cousas como que os espaguetis e os fogos artificiais foron traídos da China por Marco Polo, e, sobre todo, pasamos un anaco agradable, tanto profes (todo un éxito a este nivel...) como rapaces e rapazas (ben, pero aspiramos a mellorar en cantidade... que non cualidade). Para quen sigades co libro, pensade que a trama da película sería anterior ao que acontece en  O segredo de Marco Polo , ficcionado por Francisco Castro . Bo Nadal, e bo ano novo a tod@s...  Toca xa desconectar para volver con renovadas forzas e novos proxectos.

O segredo de Marco Polo

Imagen
Estamos xa mergullándonos na lectura de O segredo de Marco Polo , de Francisco Castro . Un libro  co que coñeceremos un  pouco da Venecia do século XIII e da figura do aventureiro Marco Polo   co trasfondo dunha bela historia de amor. Os máis novos e novas do instituto amosáronse ilusionados e ben dispostos a embarcarse na lectura deste libro, que espero gocen  e lles pique a curiosidade para saber máis, e sobre todo para comentarnos o que queiran sobre o mesmo.