Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Dinamización Lingüística

No Correlingua 2019: "O galego é a fórmula"

Imagen
Este pasado venres, día 3 de maio*, participamos no Correlingua 2019 que se organizou na nosa cidade. O Correlingua é un acto festivo é reivindicativo do uso e normalización do galego en todos os ámbitos. Esta é a 19 edición é levou por título “ O Galego é a Fórmula”. Quíxose destacar nesta edición a necesidade da revitalización e papel prioritario que hai que darlle ao Galego no eido científico e tecnolóxico.

Concurso de cartas a... ANTONIO FRAGUAS

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas , o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu V Concurso de CARTAS A...  ANTONIO FRAGUAS co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento dest e escritor. Aquí tedes as BASES:

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA

Imagen
No acto de inauguración  Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala.  A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de  AULAS EN FEMININO , que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome. 

De roteiro polo Courel: Vilamor-Froxán

Imagen
O pasado mércores, día 25, na compaña de 40 alumnas e alumnos de 4º de ESO, 1º de Bacharelato, 1º de STI e 2º de ITC andivemos polo Courel Baixo facendo un roteiro entre Vilamor e Froxán , pasando pola aldea de Vilar.