Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Aulas en feminino

Pioneiras do deporte en Galicia

Imagen
Co proxecto de Aulas en feminino como fondo, o pasado martes 9 de abril puidemos gozar dunha 'enganchante' presentación da investigación realizada por  Cristina López Villar  en torno ás mulleres deportistas galegas, que ten recollida no seu libro  Pioneiras do deporte en Galicia   (témolo   na biblioteca!).  Laura Rivas (1º Bach) cóntanos o que máis lle chamou a atención do contido da charla: 

Festiva inauguración de aulas en feminino

Imagen
Mercedes Queixas , a nosa grata sorpresa Onte venres -e se conmemorar nada ;)-  fixemos unha festiva e masiva inauguración de aulas en feminino, na que tivemos unha gratísima sorpresa final incluida. Foi unha mañá cargada de breves emocións na que non se pararon de escoitar aplausos por todos os rincóns do centro.  Inauguramos todo isto:

A nosa particular homenaxe a ROSALÍA

Imagen
No acto de inauguración  Hoxe luns celebramos o día de Rosalía -cun día de retraso- coas nosas mellores galas e da mellor maneira que se nos ocorreu, xuntándonos unha gran parte do alumnado e profesorado para lembrala.  A nosa homenaxe consistíu, fundamentalmente, en outorgarlle o primeiro lugar do proxecto de  AULAS EN FEMININO , que bota a andar hoxe con ela. Con este proxecto, promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración coa Biblioteca, pretendemos que cada aula do centro homenaxee e dea a coñecer a algunha destacable muller galega. Case todas as aulas de Ensino Medio teñen xa escollido polo alumnado correspondente o seu nome.