Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como cartas

Premios Cartas a Antonio Fraguas

Imagen
Xa temos os nomes das persoas premiadas no Concurso de "Cartas a Antonio Fraguas".  Son as seguintes:  1º nivel (1º - 2º - 3º ESO, FPB) - 1º premio: Mateo Naveira Guimarey (2º ESO B) - 2º premio: Noa Álvarez Rodríguez (2º ESO A) 2º nivel ( 4º ESO- Bacharelatos, Ciclos) - 1º premio: Santiago Millet García  (1º Bach) - 2º premio: Miguel Pérez Redondo (1º Bach) Noraboa!!! Entregaremos premios e diplomas o venres 21 de xuño, na festa de fin de curso. E a continuación deixámosvos as cartas premiadas : 

Concurso de cartas a... ANTONIO FRAGUAS

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas , o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu V Concurso de CARTAS A...  ANTONIO FRAGUAS co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento dest e escritor. Aquí tedes as BASES:

Unha carta a María Victoria Moreno

Imagen
Velaquí a epístola ganadora do Concurso de Cartas a María Victoria Moreno.  A remitente: Adela Villar Uzquiano. 

Premios de "Carta a Carlos Casares ou Maruxa Mallo"

Imagen
As persoas premiadas no Concurso de Carta a Carlos Casares ou Maruxa Mallo  son:  Nivel I  - 1º premio:   Edna Inés Lopes Sanches (1º ESO B) - 2º premio: Nerea Muñoz Gabarri (1º ESO C)  - 3º premio: Lucía Abril Amor Romaní (1º ESO C) Nivel II: - 1º premio: Alejandro Vázquez Pan (4º ESO A) - 2º premio: Joaquín Pose Aranda (4º ESO A) - 3º premio: José María Expósito Otero (2º Bach) Grazas a todos e todas pola vosa participación. Noraboa aos premiados!!! Aquí tedes os traballos premiados:

Concurso de Carta a... Carlos Casares ou a Maruxa Mallo

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas e o pasado Día das Artes Galegas , o Departamento de Dinamización Lingüística e o de Lingua e literatura galega xunto coa Biblioteca convocan o seu III Concurso de CARTAS A... CARLOS CASARES ou MARUXA MALLO co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste escritor e esta pintora. PARTIPANTES Todo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA O escritor Carlos Casares ou a pintora Maruxa Mallo . Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao literato ou a pintora, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo... * Ha de estar redactada en lingua galega. MODO DE ENTREGA As persoas participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca ou no correo electrónico: lerunmardecontos@gmail.com FORMATO A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. PRAZO O prazo para participar  finalizará o v...

Cartas a Manuel María premiadas

http://issuu.com/bibliolugris/docs/cartas_a_manuel_mar__a_premiadas

A nosa correspondencia con Manuel María (os premios)

Imagen
  Tendo como remitente o IES Urbano Lugrís, varias misivas chegaron ás nosas mans. Todas teñen como destinatario ao poeta Manuel María.  As que nos pareceron mellores e, polo tanto, queremos premiar son as de:  Nivel Bacharelato:  1º premio: Sara Quindimil Vázquez   2º premio: Andrea Vázquez Ares   3º premio: Alejandro Martínez Campos  Nivel de Ciclos:  1º premio: Alba Concheiro Villar (1º FPB)  Cremos que a Manuel María lle terían compracido enormemente!!! Entregaremos os premios esta semana e os diplomas na festa de fin de curso. E tamén as publicaremos aquí mesmo...  

Entrega de premios das cartas a Lugrís

Imagen
Deixamos aquí unhas cantas fotos do día en que comunicamos a Alba e a Morelys que eran as ganadoras do Concurso de "Cartas a... Urbano Lugrís". Entregámoslles un orixinal forxado coas iniciais do pintor que dá nome ao noso centro. Na festa de fin de curso terán algún premio máis.  

Cartas a Lugrís, con premio

Imagen
O xurado vén de decidir as epístolas premiadas no Concurso de  Carta a...  Urbano Lugrís . A participación non foi moi ampla, polo que os premios finalmente outorgados son dous:     1º premio: Alba Vázquez Botana -Bolboreta- , de 1º ESO A    2º premio: Morelys De los Santos, de 1º ESO C E aquí tedes as súas cartas:  A Coruña, 15 de maio de 2015 Querido Urbano:  Son unha rapaza, gran seguidora das súas obras. Vivo na Coruña, a cidade onde naceu vostede. Estudo no instituto que leva o seu nome, Urbano Lugrís. No instituto hai moitos cadros seus, e agora mesmo estamos a facer un obradoiro sobre a súa vida. É verdade que o seu pai foi un dos fundadores da Real Academia Galega? Eu quero facer teatro, posiblemente vaia a Madrid, como fixo vostede. Xa me enterei de que cando estudou nesa cidade coñeceu a grandes poetas: Rafael Dieste, Federico García Lorca, Rafael Alberti. É verdade que te un fillo que se chama como vostede e adema...

Carta a... Urbano Lugrís

Imagen
Para celebrar o próximo Día das Letras Galegas, o Dpto. de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA xunto coa BIBLIOTECA convocan o seu I Concurso de Cartas a... Urbano Lugrís  co obxectivo de fomentar o aprecio e o coñecemento deste personaxe. PARTIPANTES T odo o alumnado matriculado no Centro. TEMA E IDIOMA O pintor Urbano Lugrís. Valorarase o respecto ao estilo epistolar, a adecuación a algúns datos biográficos e históricos relativos ao artista, a capacidade creativa e ficcional, o ton afectivo...  * Ha de estar redactada en lingua galega. MODO DE ENTREGA Os participantes deberán entregar a carta inédita na biblioteca. Para iso, completarán nun sobre pequeno os seus datos personais que achegarán coa carta nun sobre máis grande co correspondente pseudónimo. Para quen o desexe, na biblioteca ofreceranse sobres e papel para a realización da obra. FORMATO A extensión máxima é de 200 palabras, e ha de ter forma de carta ou epístola. PRAZO O prazo par...