Unha carta a María Victoria Moreno



Velaquí a epístola ganadora do Concurso de Cartas a María Victoria Moreno. 
A remitente: Adela Villar Uzquiano. 







A Coruña, 30 de maio de 2018
Estimada María Victoria:


Escoitei que recibiches o premio das Letras Galegas este ano, e resulta de loar, xa que soamente es a cuarta muller en conseguir este premio.

Supoño que non esperabas este éxito cando comezaches a escribir en galego. Quen diría que unha rapaza de Valencia de Alcántara acabaría vivindo e traballando nunha nación que se caracteriza principalmente pola literatura e gastronomía, e ademáis conseguiría un premio deste nivel.


A nivel persoal, a túa obra coñézoa de forma escasa, pero polo que lin, os temas tratados ten uns aspectos actuais que non pasan de moda. E por enriba, asemade que escribías tamén dabas clase en Pontevedra e fundaches unha libraría. Polo que teño entendido, “A Xuntanza” abriuse coa colaboración de varios intelectuais da túa época, onde había a liberdade de vender libros prohibidos pola situación do país naquela época.


Desgraciadamente, enfermaches con cancro, sobre o que escribiches un libro no que falas del, que acabaría coa túa vida pouco máis adiante.


Eres unha figura destacada e coñecida por máis xente da miña idade grazas a este premio, logrado con talento e paixón pola lingua da miña terra. “Graciñas” e noraboa.


Un saúdo,



Adela Villar                      

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego