Pasaporte Lugrís Live Show

O pasado venres 8 de xuño finalmente tivo lugar o gran espectáculo PASAPORTE LUGRÍS LIVE SHOW,  no que a gran protagonista foi a interculturalidade, e o noso afán por poñer en valor a riqueza que aporta o alumnado desas vintetantas nacionalidades e culturas co que convivimos no noso centro.

O espectáculo tivo lugar na sala grande do Museo de Arte Contemporánea, o que nos proporcionou un escenario moi lucido e novidoso para nós. 



Foron moitas as persoas participantes: alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos, e profesorado variado. Todos fomos coordinados por Cristina de la Torre, grazas a quen levamos a cabo este proxecto do Contrato-programa de excelencia. Detrás del hai moitos mediodías de martes ensaiando, numerosos recreos, bastante caos antes de chegar a certa orde, moita creatividade, moitas risas, moitos valores compartidos..., porque é máis o que nos une que o que nos diferencia. 


Máis que grazas aos participantes, especialmente pola súa xenerosidade cos tempos, esforzos e implicación no proxecto, ao profesorado participante,  ao persoal do MAC e a Cristina, sobre todo pola súa admirable frescura, creatividade e implicación!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego