O Club de Cultura Xitana dase a coñecer
Velaquí o vídeo coa valoración realizada por Zoé Cameán, Alexander Matera e Nerea Muñoz, principais participantes do Club de lectura de Cultura Xitana deste curso.
O vídeo foi realizado (coa fundamental colaboración de Cristina de la Torre) para poder amosar na presentación que sobre o Club fixo Xulia Regueiro o pasado venres 1 xuño nas XI Xornadas do Club de lectura en Santiago
. Alí falou, nunha sección sobre Bibliotecas inclusivas, sobre o que facemos no Club de Cultura Xitana: como foron os difíciles comezos, os arraigados prexuízos contra os que hai que loitar, as actividades realizadas. Tamén deu conta do pequeno fondo de material bibliográfico sobre cultura xitana que temos na biblioteca.

Temos un pinterest cos principais fondos sobre cultura xitana dos que dispoñemos na biblioteca e iremos completando pouco a pouco. Animádevos a botar unha ollada.
Comentarios
Publicar un comentario