Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como centón

Entrega de premios Expres-arte

Imagen
O pasado luns 14 de marzo entregamos na Biblioteca os premios aos mellores corazóns , cheos de poesía en forma de centón.  Os premios desta 3ª edición de EXPRES-arte foron para:  NIVEL 1:  - 1º premio: Ainara Calvo (1º ESO A)  - 2º premio: Lucía Seoane (2º ESO A) - 3º premio: Paula Parga (1º ESO A) NIVEL 2:  - 1º premio: Daniel Varela (4º ESO)   - 2º premio compartido: Marta Areosa (2º FPB Lav.) - 2º premio compartido: Raquel Serrano (2º FPB Lav.) Noraboa a todas e todos!

Expres-arte 3, celebrando o amor e a amizade

Imagen
Achégase o día de San Valentín, dos namorados, ou do amor e a amizade, como queirades chamalo. Temos en marcha unha nova edición do concurso EXPRES-ARTE . Como nas edicións anteriores, seguimos propoñéndovos que escribades sobre un soporte en forma de corazón, e de xeito poético, mais desta volta queremos que probedes a compoñer un Centón ,   algo así como case-esquecernos do copy-right , permitíndonos tomar versos de aquí, de alá e da propia colleita, para finalmente producir algo novo. En difinición da wikipedia, o centón " é unha obra literaria composta utilizando versos  ou fragmentos tirados de obras de un ou varios autores.  Provén do grego   κέντρων: capa ou camisa formada por retazos ou cachos remendóns doutras desbotadas de distinta procedencia. Ten finalidade paródica   ou de homenaxe ao autor ou autores en que se basa. O s centóns foron frecuentes na literatura grega e latina tardías". Pero podedes ver outras explicacións pola rede . Aquí ...