Expres-arte 3, celebrando o amor e a amizade

Achégase o día de San Valentín, dos namorados, ou do amor e a amizade, como queirades chamalo. Temos en marcha unha nova edición do concurso EXPRES-ARTE. Como nas edicións anteriores, seguimos propoñéndovos que escribades sobre un soporte en forma de corazón, e de xeito poético, mais desta volta queremos que probedes a compoñer un Centón,  algo así como case-esquecernos do copy-right, permitíndonos tomar versos de aquí, de alá e da propia colleita, para finalmente producir algo novo.

En difinición da wikipedia, o centón "é unha obra literaria composta utilizando versos ou fragmentos tirados de obras de un ou varios autores. Provén do grego κέντρων: capa ou camisa formada por retazos ou cachos remendóns doutras desbotadas de distinta procedencia. Ten finalidade paródica ou de homenaxe ao autor ou autores en que se basa. Os centóns foron frecuentes na literatura grega e latina tardías". Pero podedes ver outras explicacións pola rede.

Aquí tedes as BASES

  • Escribirase un texto ou mensaxe POÉTICA de amor e amizade sobre un corazón de papel ou similar (máximo tamaño folio), en forma de centón.
  • O texto poético pode estar composto por versos doutros poetas, escritos en galego, castelán, inglés ou francés.
  • Valorarase a indicación detallada de quen se toman os versos. Deberase procurar que non teña faltas de ortografía, e que sexa o máis artístico, orixinal e emotivo posible.
  • O centón pode ou non estar dirixido ou dedicado a alguén do Instituto.
  • Na biblioteca ofrecerase para quen o queira algún material para a realización do corazón a quen o desexe (cartulina, papel de cores, tixeiras...).
  • O prazo de entrega remata o venres 19 de febreiro.
  • Os corazóns cos poemas tipo centón entregaranse na biblioteca, co nome, apelidos e curso.
  • O xurado estará conformado polo profesorado do grupo de biblioteca e dos departamentos de linguas e de plástica do centro. (Podedes pedir orientación ou consello ao profesorado destas materias).
  • Haberá “amorosos” premios aos traballos máis orixinais, tanto polo corazón realizado, como polo centón; valorarase así mesmo a claridade literaria e, por suposto, profundidade sentimental.
  • A primeira semana de marzo entregraranse os premios.

Anímate a expresarte con AMOR!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego