De charla con Riveiro Coello

O pasado mércores 3 febreiro gozamos duns entrañables momentos con Antón Riveiro Coello, nos que realizou un simpático percorrido por algunhas das súas andanzas autobiográficas, desde o seu nacemento como un neno enorme, en Xinzo da Limia, pasando por unha infancia chea de motes, unha adolescencia e xuventude moi musical, formando parte de Sacho, un grupo de rock duro; logo os comezos como escritor de relatos, os tempos de peregrinaxes en busca -e obtención- de premios literarios por toda a península; a época de pai, e xa de escritor case nunca a xornada completa, pero xa con editorial fixa -Galaxia- e con certo recoñecemento. Quixo amosársenos como "unha persoa normal", lonxe do aura do "escritor". Non obstante, revelounos que para ser escritor hai que "ter ollada", ademais de traballar moito. 
Antón houbo de responder a varias e variadas preguntas que contribuíron a enriquecer a súa charla, desvelándonos pormenores do personaxe do Lambeconas en As rulas de Bakunin, sobre o final de Os elefantes de Sukórov... e tamén sobre a súa faceta de deportista;)
Grazas







Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego