Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Miguelanxo Prado

Con Miguelanxo Prado, vivimos o cómic

Imagen
Como estaba anunciado, e grazas á insistencia da profe Xulia, o pasado mércores 8 de maio estivo con nós Miguelanxo Prado, e empregouse a fondo para darnos a coñecer o making-of    (como se fixo) do seu último libro, Ardalén . Falounos detalladamente do seu proceso creativo, de tres anos e medio, de como parte dunha idea (dun pelo, que logo se converte en pelusa, e despois nalgo moito máis grande), como vai creando personaxes, a historia, logo debuxa o cómic, píntao, fai que todo cadre, escribe os bocadillos (con diferentes tipos de letra)...  todo  moi laborioso e dedicado.  Deixounos  reflexións moi valiosas sobre a importancia da lentitude (non se fai unha banda deseñada nun día, nin un debuxante nunhas horas), o traballo ben feito e tamén sobre como o coñecemento dos propios límites (ou mesmo defectos) pode axudarnos a superalos ou, máis ben, a sacarlles partido (facer o propio estilo). Para que podades lembrar ou acceder a un anaco da char...

Queremos ter imaxe propia...

Imagen
Xa andan  colgados   polo insti os carteis anunciadores da convocatoria para o deseño de logo ou mascota para a biblioteca e o club de lectura, así como tamén as bases detalladas do concurso (o esencial é que sexa inédita, as demais condicións teñen a intención de deixar a máxima liberdade creativa posible). O prazo é ata o 7 de xuño.  E falando de imaxes, mañá mércores 8 de maio estará con nós o nomeado debuxante de cómics    Miguelanxo Prado   (A Coruña, 1958) . Recibirémolo humildemente coas bandas deseñadas realizadas polas rapazas e rapaces de 4º ESO, que logo se seguirán expoñendo na biblioteca.  Prometemos deixar por aquí fotos do encontro con  Miguelanxo Prado   e tamén doutras actividades do insti. Ultimamente non paramos... hoxe pola tarde estivo con nós a actriz Isabel Naveira , ensinando como actuar nun cásting,  pola mañá os de 2º ESO foron visitar as instalacións    nas que adestra o Dépor en  Abegondo...