Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Grao de satisfacción

Queremos coñecer a túa opinión sobre a biblioteca

Imagen
Vaise achegando o fin de curso e de novo queremos coñecer a túa opinión sobre o grao de satisfacción no uso da biblioteca así como as suxestións que poidas facernos.  Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos desen a súa opinión. Gustaríanos recabar a opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo e en primeiro lugar, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais.  Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado. Pinchando na mascota da biblioteca podes opinar!  Ou tamén aquí . Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!