Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA

Imagen
 Para empezar esta semana,  tivemos reunión do Club de Lectura de galego/castelán de 3º de ESO o luns 9 de novembro.  Escoitamos o discurso de Elvira Lindo no Día das Mulleres Escritoras e a interpretación por parte de actores e actrices profesionais  duns textos escritos por mulleres (Emilia Pardo Bazán, por exemplo) . Logo, o alumnado participante pasou a ler uns breves textos en galego. O xoves 12 era o turno do Reading Club de 4º de ESO. Limos dúas historias curtas do libro True Tales os American Life, editado por Paul Auster.

OUTRAS NOVIDADES EN INGLÉS NA BIBLIOTECA

Imagen
 Seguimos con novas adquisicións que podedes levar de préstamo e ler na casa. Ademáis dos libros de Shel Silverstein mencionados na entrada anterior, para lectores dende 1º de ESO en adiante, temos outro libro do que xa limos extractos no Reading Club do curso pasado:  You took the last bus home , de Brian Bilston Aquí tedes unha mostra dos seus poemas: Seguindo coas recomendacións para lectores dende 1º de ESO, temos un clásico que len os rapaces e rapazas de habla inglesa dende hai moitísimos anos: Charlotte's web , de E. B. White.  Este libro, do autor de Stuart Little , é considerado un dos 100 libros máis apreciados polos lectores norteamericanos e é un clásico da literatura infantil.  Unha curiosidade: o libro foi prohibido en 2.006 en Kansas porque nel hai animais que falan e polo que lles pasa ás arañas... Se queres saber o que sucede, podes pedilo prestado na biblioteca e nos comentas a túa opinión. Outra das novidades deste ano é The boy in the striped pyjamas , de John B

NOVOS LIBROS QUE PODES LEVAR A CASA

Imagen
 Debido ás novas normas de funcionamento da biblioteca, imos presentarvos material novo mercado para os  Clubs de Lectura o curso pasado e que podedes levar de préstamo. Lembrade que tedes que facer as vosas peticións de préstamo por correo electrónico.. Empezamos esta semana con libros en inglés: Algúns de vós xa coñecedes a Shel Silverstein e os seus poemas cheos de humor e dobres sentidos. Temos na biblioteca para que levedes a casa Falling Up e Where the sidewalk ends .

CLUBS DE LECTURA 2020-2021

Imagen
Comezan as primeiras reunións dos Clubs de Lectura deste curso 2020-21 neste mes de novembro. Este ano, debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos a vivir todos/as, os Clubs de Lectura vanse celebrar por cursos, intentando non mixturar os grupos sempre que sexa posible. Empezamos co Club de Lectura galego/castelán de 1º de ESO o pasado luns 2. O tema foi "As mulleres escritoras" . Vimos un vídeo da celebración do Día das Mulleres Escritoras na Real Academia da Lingua e limos uns fragmentos e textos curtos. Nesta mesma semana, o xoves 5, celebramos a primeira reunión do Reading Club de 3º de ESO. Fixemos unha introducción á lectura do libro True tales of American Life de Paul Auster, titulado en castelán Creía que mi padre era Dios. A nosa auxiliar de linguas, Rachel Haring,  amosounos un programa de radio norteamericano para comprender a orixe deste libro do que imos ler algunhas historias nas próximas reunións.