CLUBS DE LECTURA 2020-2021

Comezan as primeiras reunións dos Clubs de Lectura deste curso 2020-21 neste mes de novembro.

Este ano, debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos a vivir todos/as, os Clubs de Lectura vanse celebrar por cursos, intentando non mixturar os grupos sempre que sexa posible.

Empezamos co Club de Lectura galego/castelán de 1º de ESO o pasado luns 2. O tema foi "As mulleres escritoras". Vimos un vídeo da celebración do Día das Mulleres Escritoras na Real Academia da Lingua e limos uns fragmentos e textos curtos.




Nesta mesma semana, o xoves 5, celebramos a primeira reunión do Reading Club de 3º de ESO. Fixemos unha introducción á lectura do libro True tales of American Life de Paul Auster, titulado en castelán Creía que mi padre era Dios. A nosa auxiliar de linguas, Rachel Haring,  amosounos un programa de radio norteamericano para comprender a orixe deste libro do que imos ler algunhas historias nas próximas reunións.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Tres poemas sobre as moscas

Viaxe cultural a ASTURIAS