OUTRAS NOVIDADES EN INGLÉS NA BIBLIOTECA

 Seguimos con novas adquisicións que podedes levar de préstamo e ler na casa.

Ademáis dos libros de Shel Silverstein mencionados na entrada anterior, para lectores dende 1º de ESO en adiante, temos outro libro do que xa limos extractos no Reading Club do curso pasado: 

You took the last bus home, de Brian Bilston




Aquí tedes unha mostra dos seus poemas:




Seguindo coas recomendacións para lectores dende 1º de ESO, temos un clásico que len os rapaces e rapazas de habla inglesa dende hai moitísimos anos: Charlotte's web, de E. B. White.
 Este libro, do autor de Stuart Little, é considerado un dos 100 libros máis apreciados polos lectores norteamericanos e é un clásico da literatura infantil. 
Unha curiosidade: o libro foi prohibido en 2.006 en Kansas porque nel hai animais que falan e polo que lles pasa ás arañas... Se queres saber o que sucede, podes pedilo prestado na biblioteca e nos comentas a túa opinión.



Outra das novidades deste ano é The boy in the striped pyjamas, de John Boyne. É unha lectura recomendada dende 3º de ESO. A maioría coñecedes a historia relatada neste libro polo que a lectura en inglés é máis doada do que pode parecer nun principio.




E para rematar por hoxe, temos o libro Wonder de R. J. Palacio, que recomendamos dende 2º de ESO.


É a historia de Auggie Pullman, un rapaz coma os demais cunha cara distinta. Neste libro entendemos a importancia da amabilidade e o respecto. Ademais, o movemento Choose Kind (Elixe a amabilidade) comenzou con este libro, do que xa hai tamén unha película.












Comentarios

Entradas populares de este blog

Tres poemas sobre as moscas

Viaxe cultural a ASTURIAS