30 nov. 2017

Premios microrrelatos terroríficos





Debuxo de Alexandru Danu (3º ESO)



Xa temos a listaxe de premios dos relatos:


Nivel 1 (1º-2º ESO, FPB)

   ●1º premio: Natalia Fernández Rey, 1º FPB Aloxamento

   ●2º premio: Andrea Motataianu, 2º FPB Aloxamento

   ●3º premio: David Alejandro Ramírez (2º FPB Aloxamento)


Nivel 2 (3º-4º ESO, Bach, Ciclos)

  ●1º premio: Miren Cedeira Moreira, 3º ESO

  ●2º premio: Sara Romay Varela, 2º Bach

  ●3º premio: Alexandru Danu, 3º ESO (mellor ilustración)



E aquí quédanvos os microrrelatos:

Noraboa!!!

 

28 nov. 2017

ANIME, un xénero que engancha




O pasado venres 24 tivemos o pracer de recibir no noso  centro a Manuel Varela Amboage, especialista en animeo xénero de animación de orixe xaponesa que gusta tanto aos adolescentes.
Comezou a charla explicando o termo anime (abreviatura de animation) e a continuación falounos da orixe do xénero amosándonos as primeiras manifestacións de animación nipona mudas e sonoras, como Katsudo Shashin de 1907Chikara to onna no yo nakade 1933, para chegar ao primeiro longometraxe de anime con audio, Momotaro, deus das ondas, realizado en 1943.
Explicounos detidamente os diferentes tipos de anime pola orientación de audiencia ou polo tipo de xénero: kodomo (nenos), shôjo (rapazas), shôjen (rapaces), seinen (adultos), josei (mulleres), magical girl (mahô shôjo, bruxiña ou con poderes máxicos), mecha (robots xigantes)
Non esqueceu lembrarnos as primeiras series de anime en ser dobradas a diferentes idiomas, como Heidi, Marco, Mazinger Z..., que tantas lembranzas nos traen.
Continuou deleitándonos coas grandes compañías dedicadas tanto ás series televisivas como aos longometraxes, entre elas, ToieiCentrouse nos directores e creadores de renome como Katsuhito Otomo (Akira), Akira Toriyama (Dragon Ball) o Masashi Kishimoto (Naruto), Hayao Miyazaki (O meu veciño Totoro), etc. Poidemos admirar e escoitar varios anacos de ditas series.
Detívose na importancia da creación do estudo Ghibli, en 1985, co escritor Miyazaki e o produtor Takahata ao fronte. Grazas ao manga Nausicaa do Val do Ventosurxe o proxecto para levalo ao cine en 1984, onde retrata unha Terra devastada pola guerra, onde a humanidade está a punto de extinguirse. Grazas ao éxito da película e ao magnate do mundo editorial Tokuma, surxe o coñecidísimo estudo dedicado enteiramente al anime. É curiosa, como nos dixo Manuel, a importancia que Miyazaki dá ás mulleres nas súas películas, presentándoas como protagonistas fortes e valientes e, tamén, a súa paixón polas numerosas imaxes de escenas aéreas que aparecen nos seus traballos.

Ensinounos tamén algúns xéneros de anime relacionados coa vida real, o amor adolescente, a cociña ou os deportes. E tamén falounos da importancia das bandas sonoras así como de películas de anime traducidas ao galego, como as coñecidas sobre Shin Chan ou Pokemon.




E, como colofón, terminou con frases de despedida moi coñecidas en anime.
Hemos de agradecerlle así mesmo que, para ilustrarnos, nos trouxera exemplares do manga Nausicaada película El castillo en el cielo e do libro sobre o Studio Ghibli, Mi vecino Miyazaki.
Todo un despregue de coñecementos no género nipón!





Grazas, Manuel, encantounos!


* Entrada redactada pola profesora Francisca García, a partir das colaboracións de Pedro Reimúndez (4º ESO), Paula Parga (3º A ESO) e Yaiza García (3º A ESO).

26 nov. 2017

Pensando no amor e no desamor con RUPI KAUR

As pasadas semanas dedicamos as sesións do Club de lectura á poesía da indo-candense Rupi Kaur
Limos a entrevista "Escribo para que las mujeres encuentren palabras que expliquen su sufrimiento", deténdonos un pouco na súa biografía e logo comentando a famosa foto viral na que se a ve cunha pequena mancha da regra e tamén a súa visión da escritura como terapia para situacións de sufrimento. 



Recitamos varias poesías súas do seu libro"Otras maneras de usar la boca" (en inglés, Milk and Honey).












E como as sesións coincidiron cerca do Día Internacional contra a Violencia machista puxemos un taboleiro na entrada do instituto con poesías de Rupi Kaur que consideramos inspiradoras para cavilar sobre este tema.  







 

15 nov. 2017

Encontro con... Antía Yáñez






Onte martes 14 de novembro tivemos a sorte de poder gozar coa presenza de Antía Yáñez e poder charlar con ela sobre O misterio de Portomarín, que leran practicamente todos e todas as participantes. 


Se cadra por iso cando, despois dunha breve exposición, chegou o momento das preguntas todo eran mans que pedían palabras. 





O misterio de Portomarín é a primeira novela da xove autora. Xa quedamos á espera dos seus seguintes traballos. 










Grazas ao Departamento de galego,  ao alumnado participante, e, sobre todo, por suposto, a Antía Yáñez )

12 nov. 2017

Descubrindo a cultura xitana

Seguimos a voltas cos prexuízos e estereotipos que imperan en torno á cultura xitana. 
E para mirar en positivo, puxémonos a buscar figuras destacables da cultura xitana. Lembramos a Joaquín Cortés, Camarón de la Isla, Lita Cabellut... Descubrimos, con Xulia Regueiro -quen dirixe o Club- a película de Lola, vende cá, da que deixo aquí o trailer.




Seguiremos buscando.


6 nov. 2017

Leyendo poesía con MIGUEL HERNÁNDEZ


 
Se conmemora este año el 75 aniversario de la muerte del gran poeta de Orihuela y nuestro Club de Lectura (CL1 y CL2) ha querido hacerle un pequeño homenaje dedicándole una sesión. 
Poeta de la libertad y de la justicia, del amor puro y de la pasión. Víctima de numerosas injusticias a lo largo de su vida. Los grandes temas sobre los que gira su poesía son universales: el amor, la rebeldía, la falta de libertad, la frustración y la esperanza. Muchos músicos y cantantes han versionado sus poemas, entre ellos podemos destacar a Joan Manuel Serrat, Joan Baez, Paco Ibáñez, Extremoduro o Nach.
Comenzamos a recordarlo haciendo una breve reseña de su vida. De poeta cabrero pasó a colaborar en distintas publicaciones en Madrid y a relacionarse con los grandes escitores de la época como Antonio Machado, Garcia Lorca, Vicente Aleixandre, Rafael Alberti, Juan Ramón Jiménez o Pablo Neruda. Después de conocer a su musa y esposa, Josefina Manresa, le sobreviene la guerra. Son momentos duros en los que Miguel recorre España pronunciando conferencias, representando obras de teatro y recitando poemas. Nuestro alumnos leyeron y comentaron fragmentos de sus conocidos libros de esta época como Viento del pueblo o El hombre acecha. 








Al terminar la guerra, es encarcelado varias veces por su ideología política, intenta salir del país pero es detenido en la frontera con Portugal y condenado a pena de muerte, la cual será conmutada por la de treinta años.

 
En la cárcel, invadido por una profunda tristeza, escribe uno de sus más doloridos libros, Cancionero y romancero de ausencias, donde prima la ausencia de sus dos seres queridos -su mujer y su hijo-, el ansia de libertad y la nunca perdida esperanza por recuperarla.





En 1942 murió de tuberculosis en la cárcel de Alicante a los 31 años de edad.
Juan Ramón Jiménez lo recordará con estas palabras: "Que no se pierda esta voz, este acento, este aliento joven de España".







Y terminamos la sesión con el conocido rap, Hoy converso con Miguel, que Nach ha creado para homenajear a nuestro gran poeta alicantino:


Disfrutad de sus versos y si aún queréis saber más de él, no dudéis en ver un gran reportaje sobre su vida, obra y compromiso político en youtube.


 ¡¡¡Sigamos recordándole pensando su poesía y deleitándonos con ella!!!