15 nov. 2017

Encontro con... Antía Yáñez






Onte martes 14 de novembro tivemos a sorte de poder gozar coa presenza de Antía Yáñez e poder charlar con ela sobre O misterio de Portomarín, que leran practicamente todos e todas as participantes. 


Se cadra por iso cando, despois dunha breve exposición, chegou o momento das preguntas todo eran mans que pedían palabras. 





O misterio de Portomarín é a primeira novela da xove autora. Xa quedamos á espera dos seus seguintes traballos. 










Grazas ao Departamento de galego,  ao alumnado participante, e, sobre todo, por suposto, a Antía Yáñez )

2 comentarios:

  1. Gracias también a l@s profesor@s que hicieron posible este acercamiento de nuestros hijos con la autora del libro, estoy segura que fue una grata experiencia pata todos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os encontros literarios soen ser moi motivadores para o alumnado e tamén para o profesorado que organiza. Este, desde logo, foino.
      Xunt@s conseguimos máis. Grazas.

      Eliminar