Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Solidaridade Internacional

"Actuemos contra a violencia de xénero" (performance)

Imagen
Hoxe, na festa de fin de curso, o grupo de 4º ESO presenta os vídeos (montados por Iván Romero) da performance "Actuemos contra a violencia de xénero" que realizamos no patio do centro o pasado 22 de maio, máis un simpática making of da mesma. Foi un auténtico pracer todo o proceso que concluíu nesta performance e vídeos: desde a elección conxunta do tema, pasando pola idea da actividade, a súa posta en marcha, elaboración... en fin, todo. Un verdadeiro e creativo traballo en equipo. Grazas, pupils :) Como sabedes, fíxose no marco da clase de Ética, coa enorme colaboración de Plástica, e dentro do marco do proxecto "Creando cidadanía global", da ONG Solidaridade Internacional (María Caride e Ana Lampón estimuláronnos en todo momento).  Aquí quedan:  Tamén podedes ver os vídeos no canle de youtube lerunmardecontos   e xa hai tempo fixemos as entradas correspondentes no facebook BiblioLugris e no twitter do instituto @IESUrbanoLugris. ... E n...

Felices festas

Imagen
Desde a Biblioteca, desexámosvos unhas moi boas festas e vacacións, a poder ser arroupados de moi boas lecturas, música, películas, charlas... Estes pasados días xa fomos ambientándonos co mercadiño de produtos de comercio xusto (da ONG Solidaridade Internacional ), cos bonecos de neve/lá , realizados polo alumnado de 1º Bac xunto coa profe Marta López e que estiveron adornando estes días a Biblioteca, e en xeral coa alegría e bo ton que foron segundo pasaban os días.  ... e moi feliz 2015!!!

Sensibilizándonos...

Imagen
Iniciamos o novo ano no IES cun par de actividades que nos fixeron meter na pel de quen ten algunha discapacidade e de quen sofre explotación para que uns poucos poidamos mercar moito e barato.  Explicámonos. O pasado martes 14 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO participou na actividade Cara a cara coa vida . Trátase dun documental con ese título realizado por Alba Casas (que foi quen nos amosou o vídeo e logo charlou sobre como o fixo e sobre como lle cambiou a vida realizalo) en torno á vida cotiá dunha nena ferrolá (de Valdoviño) que naceu con fisura palatina e ten diversos problemas asociados.  Mércores e xoves desta mesma semana o alumnado de 2º ESO participaron no obradoiro do proxecto "Vaia tea!" sobre consumo responsable e comercio xusto. Trátase dun proxecto da ONGD Solidaridade internacional que procura facernos reflexionar sobre o que pode haber detrás dos produtos que mercarmos e do poder que podemos ter as persoas que consumimos.  ...

Nicaragua e SI

Imagen
Aínda que non se corresponde co Club de lectura, vou deixar aquí unhas fotos do encontro que mantiveron os rapaces e rapazas de 4º ESO con Yelda, Paola e Juan do barrio de Acahualinca, de Managua ( Nicaragua ) o pasado martes, 12 de marzo. Nel, contáronos como é a vida nun barrio que vive ao lado dun vertedoiro de lixo, e onde os nenos e nenas son maioritariamente traballadores desde moi temprana idade. Yelda fixo moito fincapé na importancia da educación nun lugar no que é difícil acceder a ela (traballar de mañá, ir a clases masificadas e sen recursos polas tardes...), e tamén do día a día difícil pola carencia de sustento económico. Estas mozas e mozos viñeron de Nicaragua para participar en reunións como a que tivemos nós nun montón de IES de Galicia e compartir as súas experiencias no marco dun proxecto de cooperación coa ONG Solidaridade Internacional .  Cambiando de tema, e agora si xa dentro do relativo ao Club de lectura, aproveito para lembrar que este luns, 18 ...