19 jun. 2015

"Actuemos contra a violencia de xénero" (performance)

Hoxe, na festa de fin de curso, o grupo de 4º ESO presenta os vídeos (montados por Iván Romero) da performance "Actuemos contra a violencia de xénero" que realizamos no patio do centro o pasado 22 de maio, máis un simpática making of da mesma.

Foi un auténtico pracer todo o proceso que concluíu nesta performance e vídeos: desde a elección conxunta do tema, pasando pola idea da actividade, a súa posta en marcha, elaboración... en fin, todo. Un verdadeiro e creativo traballo en equipo. Grazas, pupils :)

Como sabedes, fíxose no marco da clase de Ética, coa enorme colaboración de Plástica, e dentro do marco do proxecto "Creando cidadanía global", da ONG Solidaridade Internacional (María Caride e Ana Lampón estimuláronnos en todo momento). 

Aquí quedan: 







Tamén podedes ver os vídeos no canle de youtube lerunmardecontos  e xa hai tempo fixemos as entradas correspondentes no facebook BiblioLugris e no twitter do instituto @IESUrbanoLugris.

... E nun anaco poñemos tamén o vídeo realizado por Cristina de la Torre da estrea da exposión Océnano Lugrís, que tamén se presenta hoxe no festival de fin de curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario