Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Agasallo libros no Nadal

Imagen
Impresionante a acollida desta actividade.  Os recreos desta semana resultaron increíblemente intensos; non paramos de envolver e engalanar libros cos que agasallar ás nosas familias e amizades durante o Nadal. Creo que non esaxero se digo que tivemos tanta actividade como moitas das boas tendas dos barrios e mesmo das grandes superficies ;)

Conto contos (peruanos)

Imagen
Como vén sendo xa case unha tradición,  onte martes  fumos  ata o CEIP Cornide, o noso cole veciño, para que o alumnado de Teatro de 2º ESO, contara contos aos cativos e cativas. Coa profesora Francisca, elixiron, adaptaron e ensaiaron dous contos de orixe peruana, un en galego e outro en castelán, para interpretar ante tan atento público. 

Suxestións para ler e agasallar no Nadal

Imagen
Deixámosvos aquí as suxestións de lecturas para o Nadal e lembrámosvos que durante toda a próxima semana poñeremos á vosa disposición libros para que poidades agasallar con eles nas próximas festas.  Agardamos inspirarvos un pouquiño! Felices festas!!!

Premios para os microrrelatos terroríficos (e outros agasallos)

Imagen
Xa temos decididos os premios do Concurso de microrrelatos de terror. Foron moitos os presentados, sobre todo en castelán, polo que non foi fácil a decisión. Noraboa!!! 

Encontro interxeracional na nosa cancha

Imagen
Este pasado xoves, 29 de novembro, o instituto converteuse en pura emoción, mentres recibiamos ás persoas maiores do Centro de Día Novoboandanza (en colaboración con Maru, da Biblioteca Ágora ).  Agardamos coa ilusión a flor de pel na entrada do instituto,