Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

Vídeo de Asturias

Imagen
Como peche de curso compartimos o vídeo completo da viaxe cultural a Asturias, elaborado por Antonio García Jáñez a partir das súas fotos e vídeos e as de moitos participantes (entre eles,as do outro constante fotógrafo: Roberto Varela). Xa contaramos e puxeramos imaxes desta viaxe .  Pero parece que non a podemos dar por concluida ata ter o vídeo que recolle todos os magníficos momentos vividos.  Velaquí está: Así, pois, logo do emotivo festival de hoxe no Centro cívico, só queda recoller as notas o próximo mércores e gozar do verán que temos por diante!

Suxestións para un verán lector

Imagen
Para este verán que xa vai asomando a cabeza, xunto co tempo para o ocio e a desconexión, desde Biblio Lugrís suxerímosvos algunhas lecturas e películas: Podedes velas neste enlace de genially

Premios Cartas a Antonio Fraguas

Imagen
Xa temos os nomes das persoas premiadas no Concurso de "Cartas a Antonio Fraguas".  Son as seguintes:  1º nivel (1º - 2º - 3º ESO, FPB) - 1º premio: Mateo Naveira Guimarey (2º ESO B) - 2º premio: Noa Álvarez Rodríguez (2º ESO A) 2º nivel ( 4º ESO- Bacharelatos, Ciclos) - 1º premio: Santiago Millet García  (1º Bach) - 2º premio: Miguel Pérez Redondo (1º Bach) Noraboa!!! Entregaremos premios e diplomas o venres 21 de xuño, na festa de fin de curso. E a continuación deixámosvos as cartas premiadas : 

Enquisa para a avaliación da biblioteca (2018-19)

Imagen
Como en cursos anteriores, gustaríanos coñecer a túa opinión sobre o funcionamento de Biblio Lugrís para seguir mellorando.  Pedímosche que nos axudes a facer a valoración do grao de satisfacción no uso da biblioteca así como que realices as suxestións que queiras.   Agradeceríamos moito que o maior número de usuarios e usuarias do instituto nos désedes a vosa opinión. Queremos recabar opinións de toda a comunidade escolar: alumnado sobre todo, pero tamén profesorado, persoal non docente e nais e pais.  Cantas máis ideas e opinións, máis fácil será mellorar o servizo prestado. Pincha  aquí  para responder Grazas de parte do equipo de biblioteca!!!