Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

De roteiro polo Courel: Vilamor-Froxán

Imagen
O pasado mércores, día 25, na compaña de 40 alumnas e alumnos de 4º de ESO, 1º de Bacharelato, 1º de STI e 2º de ITC andivemos polo Courel Baixo facendo un roteiro entre Vilamor e Froxán , pasando pola aldea de Vilar.

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA

Imagen
O 24 de outubro acaba de celebrarse, como cada ano, o Día da Biblioteca. Trátase dunha iniciativa da  Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil  que tivo a súa orixe en 1997.  Icía recibe diploma de Miguel e Alba Fariña En BIBLIOLUGRÍS celebramos este día dedicándoo aos voluntarios que cooperan con nós na Biblioteca nos recreos. Pasado mañá venres 26 celebrarémolo entregando os diplomas oficiais ás persoas voluntarias do curso pasado e lendo o pregón deste ano. 

Resultados da enquisa a persoas usuarias da biblioteca

Imagen
Aínda que un pouco tarde, queremos recoller aquí resumidamente a análise dos resultados da enquisa sobre o grao de satisfacción nos usos da biblioteca do curso pasado.  Recibimos 65 respostas, case igual de homes que de mulleres, a maioría estudantes da ESO e Bach, pero en todo caso de todos os elementos da comunidade educativa. A maioría usuarios, bastante frecuentes. 

Microrrelatos de terror

Imagen
Volvemos a contarnos contos de   TERROR   nestas datas que tanto o propician. Propoñémosvos que realicedes un moi breve relato, inpirándovos nalgunhas das imaxes que están abaixo. Velaquí, as    BASES DO CONCURSO:

POÉTICAS DIVERSAS en nuestro club de lectura

Imagen
El jueves pasado comenzamos nuestra singladura lectora del CL1 (1º y 2º ESO, 1º FPB Electricidad) con una diversidad de libros poéticos relacionados con la imagen y la palabra. Hemos seleccionado poemarios de Irene G. Punto, Nuria Gómez de la Cal, Ana Rossetti, Emily Dickinson, Rupi Kaur, Raúl Vacas... 

O DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
Desde hai tres anos,   o luns seguinte á data do  15 de outubro , celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS en conmemoración da data de falecemento de   Tareixa de Ávila .

Calendario de reunións do Club de lectura (1º trimestre)

Imagen
Como vedes, xa temos a proposta de calendario de reunións dos catro grupos do Club de lectura cos que empezamos a andaina lectora deste curso.