Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como El gusto del cloro

Entre goles e brazadas

Imagen
O club xa vai navegando... No grupo 1 empezamos co fútbol... limos algo desordenadamente algúns textos do libro   366 historias del fútbol mundial que deberías saber , de Alfredo Relaño , un libro co que en breves capítulos podes enteirarte dun montón de curiosidades como cando se empezaron a poñer os números nas camisetas dos xogadores ou a sacar tarxetas vermellas e amarelas,  de que a película Evasión ou vitoria se inspirou nun partido real disputado entre prisioneiros de guerra ucranianos e nazis  ou de que un xornalista gaditano foi o inventor das tandas de penaltis.   Aínda continuaremos con algunha outra historia  de fútbol  e outros deportes.   E no grupo 2, o pasado mércores falouse sobre natación e outras profundidades. A maioría mesmo atreveuse a responder a pregunta "Por qué darías ti a vida?"... extraída da  novela gráfica El gusto del cloro , de Bastien Vivés, que están xa a ler enteira, mentres gozan das belas i...

Libros deportivos desde Os Rosales

Imagen
Prestados desde a Biblioteca Municipal de Os Rosales , dispoñemos na nosa dunha variada mostra de libros e algunha película en torno a múltiples deportes durante un ou dous meses. Hai libros técnicos e outros de ficción; tamén algunha película.  O deporte, como calquera ámbito da vida en que poidamos pensar, deu e dá lugar a obras literarias e non literarias das que podemos aprender un montón.  Esperamos ter acertado con algunha que vos poida interesar.  Ao tempo, a biblioteca do centro mercou algún libro e mercaremos algún máis.  Chamamos a atención sobre a novela gráfica El gusto del cloro , de Bastien Vivés (Francia, 1984), La Corredora , de Carrie Snyder , que nos conta a historia da corredora canadiana A ganetha, que foi medalla de ouro  en 1928, nos primeiros Xogos Olímpicos nos que as mulleres poideron participar en probas de longa distancia. Foi en Ámsterdam. Pero hai moito máis, sobre baloncesto, balonmán, fútbol ( of course :), baile, voleib...