Libros deportivos desde Os Rosales

Prestados desde a Biblioteca Municipal de Os Rosales, dispoñemos na nosa dunha variada mostra de libros e algunha película en torno a múltiples deportes durante un ou dous meses. Hai libros técnicos e outros de ficción; tamén algunha película. 

O deporte, como calquera ámbito da vida en que poidamos pensar, deu e dá lugar a obras literarias e non literarias das que podemos aprender un montón. Esperamos ter acertado con algunha que vos poida interesar. 


Ao tempo, a biblioteca do centro mercou algún libro e mercaremos algún máis. Chamamos a atención sobre a novela gráfica El gusto del cloro, de Bastien Vivés (Francia, 1984), La Corredora, de Carrie Snyder, que nos conta a historia da corredora canadiana Aganetha, que foi medalla de ouro  en 1928, nos primeiros Xogos Olímpicos nos que as mulleres poideron participar en probas de longa distancia. Foi en Ámsterdam.

Pero hai moito máis, sobre baloncesto, balonmán, fútbol (of course:), baile, voleibol, running... e podemos seguir, investigando nos deportes que practiquedes ou vos gusten.

Algúns dos grandes escritores e escritoras foron ben amigos disto de facer ou ver deporte: Haruki Murakami, Eduardo Galeano, Yevgueni Yevtushenko,  John Carlin  e un múltiple etcétera. En películas hai tanto que non me atrevo a entrar hoxe.

Agora que a biblioteca xa está presentada en todos os 1º ESO, nalgún FPB (Aloxamento) e Ciclo (MEM), lembrade que o venres 16 no recreo teremos a primeira reunión conxunta do Club de lectura. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CRISTINA GARCÍA RODERO, fotógrafa de la memoria, la emoción y la identidad

Microrrelatos de terror... con algo de conto galego