Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Riveiro Coello

Visita de Antón Riveiro Coello

Imagen
Fálanos Hugo Costoya, de 1º Bach, sobre a actividade organizado polo Departamento de Lingua e literatura galega:  " O pasado martes 20 de abril , o alumnado de primeiro e segundo de bacharelato tivemos o gusto de asistir a unha charla co escritor Antón Riveiro Coello  no pavillón do noso centro. O escritor limego, posuidor de distintos galardóns polas súas obras, contou ao alumnado e profesorado presentes un resumo   da súa historia tanto  persoal como  profesional . Comezou falando da súa vida como estudante, situándose na etapa dos mozos e mozas do Urbano Lugrís, pero non o fixo falando só dos estudos, senón que tamén falou do amor pasional propio da idade, amenizando así o seu monólogo e facendo rir ao alumnado con algunha que outra broma “tabú”.  

De charla con Riveiro Coello

Imagen
O pasado mércores 3 febreiro gozamos duns entrañables momentos con Antón Riveiro Coello , nos que realizou un simpático percorrido por algunhas das súas andanzas autobiográficas, desde o seu nacemento como un neno enorme, en Xinzo da Limia, pasando por unha infancia chea de motes, unha adolescencia e xuventude moi musical, formando parte de Sacho , un grupo de rock duro; logo os comezos como escritor de relatos, os tempos de peregrinaxes en busca -e obtención- de premios literarios por toda a península; a época de pai, e xa de escritor case nunca a xornada completa, pero xa con editorial fixa -Galaxia- e con certo recoñecemento. Quixo amosársenos como "unha persoa normal", lonxe do aura do "escritor". Non obstante, revelounos que para ser escritor hai que "ter ollada", ademais de traballar moito.  Antón houbo de responder a varias e variadas preguntas que contribuíron a enriquecer a súa charla, desvelándonos pormenores do personaxe do Lambeconas en As r...