Chíos contra a violencia machista
# BENQUERÉNDONOS # IESURBANOLUGRIS Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista (o 25 N), a biblioteca do centro convoca un concurso de chíos ( tweets ). Trátase de textos breves con forma de relato, mensaxe ou lemas (como os que se realizan a través da rede social twitter ) cunha extensión máxima é de 140 caracteres. Bases : 1. O tema terá que ver coa loita contra todo tipo de violencia machista , desde os micromachismos e os acosos ata as expresións de violencia máis duras. Cada persoa poderá enviar un máximo de tres chíos ou tweets . 2. Os chíos deberán ir acompañados das etiquetas # Benqueréndonos # iesurbanolugris . Tamén poden entregarse escritos nunha tarxeta na biblioteca ou enviarse ao correo lerunmardecontos@gmail.com 3. As persoas que presenten os seus tweets ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O...