Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 4º ESO

Pódcast literarios de 4º ESO

Imagen
Publicamos a continuación os magníficos pódcast literarios realizados por alumnado de Oratoria de 4º ESO, no marco do programa Leolab:   - Mentiras de madera , sobre "Pinocho", realizado por Lara Montero, Carlota Bravo e Zoe Navarro. - Alicia en el Urbano, sobre "Alicia no país das marabillas", realizado por Sandra Suárez, Uxía Pérez e Carlota Bahamonde.  - Rincón de los libros , sobre a "Divina comedia", "O retrato de Dorian Gray" e "O principiño", realizado por Ainara Da Silva, Iguer Yero e Sophia Rudenko.  - Warren , sobre Ed e Lorraine Warren, investigadores de fenómenos paranormais, realizado por Elaine Buelga e Fernanda Noreña.  - Culpa mía ,  sobre a película e libro do mesmo título, realizado por Gabriela Báez e Carlota Abel.  E para finalizar un sobre xogos, o Monopoly , realizado por Alejandro Doldán, Ronney Mata, Jairo Atencio e Junior Carlos Porras.  Animádevos a escoitar!!!

"Actuemos contra a violencia de xénero" (performance)

Imagen
Hoxe, na festa de fin de curso, o grupo de 4º ESO presenta os vídeos (montados por Iván Romero) da performance "Actuemos contra a violencia de xénero" que realizamos no patio do centro o pasado 22 de maio, máis un simpática making of da mesma. Foi un auténtico pracer todo o proceso que concluíu nesta performance e vídeos: desde a elección conxunta do tema, pasando pola idea da actividade, a súa posta en marcha, elaboración... en fin, todo. Un verdadeiro e creativo traballo en equipo. Grazas, pupils :) Como sabedes, fíxose no marco da clase de Ética, coa enorme colaboración de Plástica, e dentro do marco do proxecto "Creando cidadanía global", da ONG Solidaridade Internacional (María Caride e Ana Lampón estimuláronnos en todo momento).  Aquí quedan:  Tamén podedes ver os vídeos no canle de youtube lerunmardecontos   e xa hai tempo fixemos as entradas correspondentes no facebook BiblioLugris e no twitter do instituto @IESUrbanoLugris. ... E n...