Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Club de cinema Atlántida

Entrega de premios de xadrez e de cinema pola igualdade

Imagen
Este pasado venres 28 de maio, ademais de inaugurar varias Aulas en feminino , no recreo entregáronse varios premios:  - PREMIOS CINEMA POLA IGUALDADE, organizado polo Club de cinema Atlántida, Dinamización Lingüística e o Equipo de Igualdade   Podedes ler os textos de  Diego Mella Luaces , de 1º STI B,   Adela Villar Uzquiano , de 2º Bach,   Diego Rosua López , de 4º ESO B,      Manuel Mariño Martínez , de 1º STI e    Carmen Tomé López , de 1º Bach,  en " Comentarios críticos de películas relacionadas coa igualdade de xénero "  

Festival de cine xuvenil europeo: fomos xurado

Imagen
Cóntanos o profesor Roberto Varela Urrutia, o coordinador do Club de cinema: Este pasado domingo, día 5 de maio, participamos por primeira vez na Coruña na Young Audience Award . Este certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello de A Coruña, consiste na elección da mellor película europea para o público xuvenil. Participaron neste evento 4000 mozos e mozas, entre 12 e 14 anos, de 45 cidades de 35 países. En España desenvolveuse nas cidades de A Coruña, Sevilla, Madrid e Barcelona. O evento tivo lugar nos cines dos Cantóns onde se proxectaron as tres mellores películas xuvenís do 2019.

Entrega de premios dos Microrrelatos e do Club de cinema

Imagen
O cartel gañador Este venres pasado tivemos un recreo moi festivo na biblioteca. Entregar premios sempre nos pon de boas.  Nesta ocasión, entregamos os premios do Concurso de Microrrelatos de terror (que xa están publicados aquí) e tamén o Concurso de carteis do Club de cinema Atlántida, que está botando a andar no instituto.  premios de cine   Aproveitamos que estabamos moitos e moitas xuntos para repartir as Recomendacións de Nadal da Biblioteca, con bastante de cine, por suposto (nun momentiño publicámolas aquí tamén).  Noraoa a todos e todas as premiadas!!!  Boa andaina ao novo Club de cinema!!!