Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Hércules

Entrañable Hércules no Conto Contos

Imagen
De esquerda a dereta e de arriba a abaixo: Jéssica, Tamara, Romina, Abril, Carmen, Noelia, Morelys, Miguel, Rafael, Nerea, Jonathan, María, Monique, Francisca e África E despois da preparación, a acción. O venres 9 de decembro trece "actrices e actores" (de 1º da ESO a 2º Bacharelato) coas dúas profes e o lector de inglés Benny , cruzamos a ponte peonil para achegarnos cos nosos bártulos ao CEIP Cornide Saavedra.  Alí esperábanos con ilusión a rapazada do cole. Como estaba previsto (incluidos os pequenos imprevistos) fixemos lecturas dramatizada de Hércules e Crunia e Los doce trabajos de Hércules.   Aquí quedan algunhas fotos para a lembranza: Con Marisol, a "anfitriona" do CEIP Cornide Crunia e Hércules (ou sexa, Tamara e Noelia) Rafael Jiménez Jéssica Freire (de narradora) Jonathan, Nerea e Monique Monique, narradora Con Benny e o rato, mascota da Biblioteca do Cornide O público Unha gozada! A ver se...

Preparándonos para o Conto contos

Imagen
Jésica Freire Como xa vén sendo tradición por estas datas, estamos a prepararnos para ir contar algún contos aos cativos e cativas veciñas, do CEIP Cornide Saavedra .  Grazas á iniciativa de Jésica Freire, María Rodríguez e Monique Miranda, alumnas de 2º de Bacharelato, levamos reuníndonos varios xoves para ensaiar a lectura e escenificación de dous contos: un en castelán, sobre os 12 traballos de Hércules e outro en galego " Hércules e Crunia ".  Están sendo uns xoves moi intensos, creativos e divertidos. Esta semana que entra a reunión terá que ser en mércores porque o venres 9 será a "actuación" no Cole.  Moitas grazas polo entusiasmo a todas e todos os participantes!!!     Repetiremos experiencia!