Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Fight Girl

Festival de cine xuvenil europeo: fomos xurado

Imagen
Cóntanos o profesor Roberto Varela Urrutia, o coordinador do Club de cinema: Este pasado domingo, día 5 de maio, participamos por primeira vez na Coruña na Young Audience Award . Este certame, organizado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración do Concello de A Coruña, consiste na elección da mellor película europea para o público xuvenil. Participaron neste evento 4000 mozos e mozas, entre 12 e 14 anos, de 45 cidades de 35 países. En España desenvolveuse nas cidades de A Coruña, Sevilla, Madrid e Barcelona. O evento tivo lugar nos cines dos Cantóns onde se proxectaron as tres mellores películas xuvenís do 2019.