Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Carlos Negro

Carlos Negro entre nós

Imagen
Este pasado martes 20 de novembro estivo con nós o escritor Carlos Negro , recitando poesía dos seus libros  Penúltimas tendencias e  Makinaria .  Resultou moi pracenteiro gozar deste encontro ameno, entrañable e divertido, no que o poeta amosou a súa destreza para manexar todo tipo de públicos  e no que sorprendeu e descubríu novas formas de vivenciar a poesía a máis de un e de unha. Por outra banda, este encontro foi o punto culminante  deste primeiro trimestre para  o Club de lectura de igualdade (CL3), no que nos detivemos polo miúdo no s mencionados libros, que nos axudaron a reflexionar  sobre a forma de rachar  con estereotipos de xénero de cara á construción dunha sociedade máis igualitaria. Quedan aquí fotos e un vídeo cun acelerado recitado a modo de gratas lembranzas ;) Laura e Carmen realizaron a presentación de Carlos Negro Carlos Negro recibiu a finais do curso pasado o premio dos Clubs de...

Cuestionando estereotipos

Imagen
No CL1 e CL2 esta semana pasada dedicámola a ler poemas de Carlos Negro , dos seus libros Makinaria , Penúltimas tendencias e Masculino singular . (Se pinchades nas obras escoitaredes a voz do poeta falando e recitando as súas poesías). Recitamos os seus poemas que, por suposto, nos levaron a cuestionarnos estereotipos masculinos e femininos. Recitamos, comentamos, cavilamos...  Deixamos aquí un vídeo-poema que ten como letra o poema "Just for men", de Masculino singular.  Non nos deu tempo na sesión, polo que podedes facelo agora.  E tamén esta semana comezou o CL3, o de cultura xitana. Comezamos co vídeo "A pregunta de Samuel", que por si só xustifica este grupo do club de lectura. Tamén aquí o que queremos é cuestionar estereotipos e prexuízos. A ver ata onde chegamos...

Comezamos con "POESÍA PARA PENSAR"

Imagen
Iniciamos este curso o noso club de lectura con catro grupos (a ver se acabamos con máis...) e cun tema máis ou menos común para o primeiro trimestre, "Poesía para pensar". En todo caso, durante todo o curso, dunha ou outra maneira, rondaremos o tema de "Biblioteca, lugar para pensar" que nos propoñen desde as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Poñemos a continuación o calendario das primeiras reunións dos diferentes grupos do club de lectura e xa iremos contando... Só adiantamos que nos CL1 e CL2 haberá algo de... Gloria Fuertes , Carlos Negro , Xohana Torres , Miguel Hernández e Rupi Kaur  (sen atosigar, jeje). Para a xente do CL3, de cultura xitana deixamos un artigo sobre a orixe dos xitanos na India. E para o CL4, de 2º FPB Electricidade, só quedan Ideas de Bombeiro ... Grupo 4: En horario de clase, lerá Ideas de bombeiro , de Andreu Martín . Boas lecturas!

No CL1 seguimos as "Penúltimas tendencias"

Imagen
Si, no Club de lectura dos primeiros cursos da ESO, estamos a ler poesía de Carlos Negro . En concreto, estamos a simultanear Penúltimas tendencias e Makinaria . Como son breves, non hai que animar practicamente a ler. Penso que os libros xa deberon pasar por moitas mans do Club.  O próximo xoves imos comentar, logo de acabar de ler o epílogo que escribiu Rosa Aneiros para Makinaria . Por suposto, procuraremos escoitar Born to run , de Bruce Springsteen , que ten moito que ver con este libro. Tamén escoitaremos opinións sobre  a ditadura do fashion, cool, chic e sexy, a que están sometidas as rapazas... Aquí déixovos algunhas fotos dos nosos encontros en xaneiro:   E axiña poñémonos nós a escribir algo de poesía para o Concurso Expres-arte 3, perto do día do amor e a amizade...